Complementarias

Visita á central hidoreléctrica As Forcadas

O día 6 de marzo o departamento de electricidade organizou unha visita á central hidroeléctrica As Forcadas cos alumnos do ciclo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas e FPB Electricidade e Electrónica.

 

Hiperbaric Challenge

 

 

Hoxe recibimos unha mensaxe da organización do Hiperbaric Challenge, e a partir de mañá estará dispoñible do kit coa carrocería para empezar a construir o noso coche de inercia...xa estamos en marcha...esta mañá organizamos a recollida do material e en canto chegue subiremos fotografías, e así vos manteremos informados, pero lembrade, pedímosvos difusión do noso proxecto...que non se diga que non sabemos apoiar ao noso alumnado!!!!!

# lovamosapetar

 

 

TORNEO DE FÚTBOL SALA

Xa temos campión do torneo de fútbol sala de segundo e terceiro da eso.

Na foto están os finalistas que disputaron un gran partido o pasado luns día 3 de febreiro.

Tras un partido moi axustado e disputado, gañóu por un gol de diferencia o equipo dos Chekos a Ultimeit Tim. Tras dous meses de partidos con 7 equipos inscritos e máis de 50 alumnos participantes estamos moi contentos cos resultados do torneo.

Unha aposta do departamento de Educación Física e da dirección do centro para implementar accións de promoción da actividad física nos recreos.

Parabéns a todos os participantes grazas polo voso comportamento e colaboración.

 

PISTA DE XEO EN MARINEDA

A segunga quenda de alumnos visitou a pista de Xeo do Marineda City na Coruña.

O xoves 30 de xaneiro acudimos nesta ocasión con 122 alumnos de segundo ciclo da eso e os alumnos de Bacharelato. Outra xornada deportiva e de convivencia que disfrutaron alumnos e profes acompañantes.

    

Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

Acábanos de chegar a confirmación oficial, o noso plan de viabilidade pasa con nota a primeira fase de selección de proxectos...nuns días recibiremos o kit Hiperbárico e empezaremos a construír o noso vehículo de inercia.
Discalzos Racing Team!!!! ·# lovamosapetar

 

Hiperbaric curso 19-20

 

 

 

 "HIPERBARIC CHALLENGE. Primeiro dos nosos vídeos de presentación do Discalzos Racing Team", aquí están os alumnos de 2º de CM de Mantemento electromecánico, grazas a todos e, especialmente, ao profesor responsable dos contidos audiovisuais, Juan Díaz (estamos encantados co seu traballo!!!!)". #lovamosapetar

 

PREME PARA VER VÍDEO

 

DISCALZOS RACING TEAM 

 #lovamosapetar 

 

                                     1º CM Mantemento electromecánico                                                        1º CM Electricidade                                                  

         

                                                                                                    2º CM Mantemento electromecánico

     

 

 

 

O uso social do monte

XIX CONGRESO DE ENFAMEC

XORNADAS DE FABRICACIÓN MECÁNICA 18-19

TERÁN LUGAR NO IES PUNTA CANDIEIRA O 7 E 8 DE XUÑO

Actividades programadas para o 19, 20 e 21 de decembro.

Mércores 19 de Decembro: Os alumnos de 4º ESO irán a Biblioteca a ver unha palícula dentro do Proxecto LOVA a 5º e 6º hora

Xoves 20 de Decembro: Retomaremos o concurso de Postais: 
1º, 2º e 3º ESO: As tres últimas horas
4º ESO, 1º e 2º BAC: a 3º e 4ª hora

Estes últimos grupos,  despois do segundo recreo, irán ao Auditorio  a ver a película "Sicixia"

Venres 21 de Decembro:

8.20 - 8.45: Reparto de postais na aula do grupo cos profesores que teñan clase con eles
8.45 - 10.15: Carreira solidaria no Paseo Marítimo. Os/as alumnos que non asistan permaneceran no centro participando en algún dos xogos programados

10.30.- Chocolate con churros

11.30 .- Entrega de notas polos titores na aula do grupo

12.00.- Remate das actividades deste primeiro trimestre

Grazas pola vosa colaboración

ACTIVIDADES NOVEMBRO CURSO 18/19

Con motivo da celebración do mes da Ciencia, os alumnos de 1º e 2º BAC participarán nunha charla sobre a crioxénese o próximo venres 30 de Novembro de 11.05 a 13 horas

Distribuir contido