Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Tras a boa acollida da Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas o pasado novembro, dámoslle continuidade o vindeiro luns día 13 de decembro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. 

Desta volta contaremos con Daniel Novoa, un profesional da psicoloxía experto en emocións e comunicación ca rapazada adolescente. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora do centro) e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 13 de decembro.

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 13 de decembro de 2021 ás 20.00

 

 

 

 

 

Agardámosvos!



story | by Dr. Radut