Skip to Content

Documentos de centro

Versión para impresora

Documentación alumnado maior de idade CURSO 2023-2024

Comunicacións a proxenitores e/ou responsables de datos persoais do alumnado maior de idade

No tocante ás comunicacións a proxenitores e/ou responsables de datos persoais do alumnado maior de idade, o Protocolo de protección de datos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia di: "Ao alcanzar a maioría de idade extínguese a patria potestade dos proxenitores respecto aos seus fillos e fillas, polo que non poderá facilitárselles información académica sen o consentimento inequívoco da persoa titular dos datos (o/a alumno/a maior de idade)".

En consecuencia, cando un alumno ou alumna faga os dezaoito anos, as persoas que figuren como responsables deixarán de ter acceso á súa información a través de Abalar e de calquera persoal do centro. Para poder seguir consultando estes datos ou recibir información dende o centro, será preciso contar co consentimento inequívoco do/a alumno/a.

Os formularios que deben vir ao instituto son un documento de solicitude de información por parte dos responsables e un documento onde o/a alumno/a maior de idade "Non se opón ao acceso” que poden atopar como adxuntos (abaixo). Se na plataforma de xestión académica a alumna ou alumno figura como titor legal, xa non existiría a posibilidade de que as persoas responsables teñan acceso á súa información salvo que sexa requirido mediante instancia na secretaría do centro. No caso de que o alumno ou a alumna maior de idade “Se opoña ao acceso” tanto Abalar como o persoal do centro NON comunicará ningún tipo de información aos proxenitores. Tampouco se informará de non ter entregados ambos documentos.

Cambados, 11 de setembro de 2023

 

Dona Lorena Amarelle Taibo

Directora do IES Ramón Cabanillas (Cambados)

Distribuir contido


by Dr. Radut