Skip to Content

Admisión

Versión para impresora

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-2025

NOTA INFORMATIVA

 

Informamos a tódalas familias solicitantes de praza para

  • 1º DE ESO,
  • 3º DE ESO e
  • 1º DE BACHARELATO DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

no curso 2024-2025, que ata o 11 de abril de 2024, está aberto o prazo no que se pode aportar documentación necesaria para xustificar os criterios alegados na solicitude de admisión e que non se poidan comprobar telemáticamente pola Administración, segundo o disposto no artigo 30 da Orde que regula o proceso.

As seguintes solicitudes de admisión relacionadas por niveis, non terán que ser baremadas o haber menos solicitantes que prazas ofertadas:

  • 2º DE ESO
  • 4º DE ESO
  • 1º DE BACHARELATO DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA
  • 2º DE BACHARELATO

Cambados, a 21 de marzo de 2024

RESOLUCIÓN DE RESERVA DE PRAZA DE ALUMNADO DE CENTRO ADSCRICIÓN 2024-2025

Pola presente informase que todas as solicitudes de reserva de praza foron admitidas no proceso de admisión en reserva. Todo o alumnado que participou no proceso de reserva foi admitido no IES Ramón Cabanillas. A listaxe de admitidos completa estará exposta nos taboleiros interiores do centro segundo establece a normativa aplicable.

A comunidade educativa do IES Ramón Cabanillas da a benvida o noso centro as familias e alumnado admitido para o curso 2024-2025.

 

Calendario de admisión e prazas vacantes curso 2024 - 2025

 

CALENDARIO ADMISIÓN 2024 - 2025 ESO + BACHARELATO

 

 

DATAS/PRAZOS

 

TRÁMITE

 

15 Xaneiro - 05 Febreiro de 2024

Reserva de praza no centro adscrito

Reserva Praza en Centros Adscritos: CEIP DE CORVILLÓN E CEP ANTONIO MAGARIÑOS PASTORIZA.

Asinar prazas antes do 22 Febreiro

Ata o 29 de Febreiro de 2024

Renuncia á reserva nos centros adscritos

29 de Febreiro de 2024

Publicación Vacantes

1 de Marzo - 20 de Marzo de 2024

SOLICITUDES ADMISIÓN

21 de Marzo - 11 de Abril

Presentación documentación acreditativa criterios baremo

22 de Abril

Publicación listaxes provisionais Admitidos e Non Admitidos

23 de Abril - 29 de Abril de 2024

Reclamacións ás listaxes provisionais

Antes do 15 de Maio de 2024

Publicación das listaxes Definitivas

26 de Xuño ao 7 de Xullo de 2024

Formalización Matrícula ESO e BACHARELATO

 

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, terase por decaído o dereito á praza obtida.

 

 

 

 

PRAZAS VACANTES CURSO 2023/2024

 

 

Curso

 

 

Modalidade

 

Vacantes

 

NEAE

1º ESO

 

0 0

2º ESO

 

16

 

3º ESO

 

0

 

4º ESO

 

19

 

1º BACHARELATO

CIENCIAS E TECNOLOXÍA

31

 

1º BACHARELATO

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

13

 

2º BACHARELATO

CIENCIAS

11

 

2º BACHARELATO

HUMANIDADES

8

 

 

 

NOTA IMPORTANTE SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2024-2025

-Non se debe confundir a ADMISIÓN coa MATRÍCULA.

-A admisión é só para o alumnado que se queira incorporar ó centro, no próximo curso 2024- 25, procedente doutros centros.

-A matrícula é para todo o alumnado, o de nova incorporación e tamén para o que xa forma parte do IES RAMÓN CABANILLAS. Renóvase curso a curso, tódolos anos.

-O alumnado do centro non ten que realizar a admisión para seguir cursando estudios no IES RAMÓN CABANILLAS, só debe formalizar a matrícula ordinaria nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-O alumnado de 1º de ESO procedente do CEIP de Corvillón e máis do CEP Antonio Magariños Pastoriza, xa ten praza adxudicada no centro e só ten que formalizar a matrícula nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-No mes de xuño estará exposto o calendario de matrícula por cursos, tanto no Centro como na nosa páxina Web.

- Información da Consellería de Educación sobre admisión web.

NORMATIVA APLICABLE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

Criterio Complementario establecido polo centro para o curso 2024 - 2025

Segundo o artigo 9. “Criterios de admisión do alumnado e puntuación” apartado 1.k do Decreto 13/2022 sobre regulación da admisión de alumnado no centros docentes, o Consello Escolar do IES Ramón Cabanillas en sesión celebrada 15 de setembro de 2023 acordou conceder o punto polo criterio complementario a todas as solicitudes que cumpran o seguinte requisito:

Nota media 8 ou superior, no último curso completado”.

A súa acreditación será a través dunha certificación académica persoal do alumnado que presente a solicitude de admisión.

Dita regulación queda supedita a lexislación vixente establecida actualmente a través do Decreto 13/2022 e a orde de admisión do 21 de outubro de 2022 (artigo 24).

Normativa de aplicación:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

• ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024 - 2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE LISTADO PROVISIONAL BAREMACIÓN 1º ESO

INFORMAMOS a tódalas familias solicitantes de praza, para 1º de ESO, curso 2023/2024, que ata o 4 de abril de 2023, está aberto o prazo de reclamación a baremación, segundo o disposto no artigo 30 da Orde de 21 de outubro de 2022 que regula o proceso. No taboleiro interno do centro pódese consultar a listaxe.

NOTA INFORMATIVA SOBRE ADMISIÓN 1º DA ESO

INFORMAMOS a tódalas familias solicitantes de praza, para 1º de ESO, curso 2023/2024, que ata o 31 de marzo de 2023, está aberto o prazo no que se pode aportar a documentación necesaria para xustificar os criterios alegados na solicitude de admisión e que non se poidan comprobar telemáticamente pola Administración, segundo o disposto no artigo 30 da Orde de 21 de outubro de 2022 que regula o proceso.

No taboleiro interno do centro pódese consultar o número aleatorio que lle corresponde a cada consulta para poder aplicar, de ser o caso, o criterio de desempate regulado no artigo 34.2 da devandita Orde.

RESOLUCIÓN DE RESERVA DE PRAZA DE ALUMNADO DE CENTRO ADSCRICIÓN 2023-2024

Pola presente informase que todas as solicitudes de reserva de praza foron admitidas no proceso de admisión. Todo o alumnado que participou no proceso de reserva foi admitido. A listaxe de admitidos completa estará exposta nos taboleiros interiores do centro segundo establece a normativa aplicable.

 

A comunidade educativa do IES Ramón Cabanillas da a benvida o noso centro as familias e alumnado admitido para o curso 2023-2024.

NOTA IMPORTANTE SOBRE ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2023-2024

-Non se debe confundir a ADMISIÓN coa MATRÍCULA.

-A admisión é só para o alumnado que se queira incorporar ó centro, no próximo curso 2023/24, procedente doutros centros.

-A matrícula é para todo o alumnado, o de nova incorporación e tamén para o que xa forma parte do IES RAMÓN CABANILLAS. Renóvase curso a curso, tódolos anos.

-O alumnado do centro non ten que realizar a admisión para seguir cursando estudios no IES RAMÓN CABANILLAS, só debe formalizar a matrícula ordinaria nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-O alumnado de 1º de ESO procedente do CEIP de Corvillón e máis do CEP Antonio Magariños Pastoriza, xa ten praza adxudicada no centro e só ten que formalizar a matrícula nos prazos establecidos que estarán expostos nos taboleiros do centro e na páxina Web.

-No mes de xuño estará exposto o calendario de matrícula por cursos, tanto no Centro como na nosa páxina Web.

- Información da Consellería de Educación sobre admisión web.

NORMATIVA APLICABLE:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Distribuir contido


by Dr. Radut