Skip to Content

Criterio Complementario establecido polo centro para o curso 2024 - 2025

Segundo o artigo 9. “Criterios de admisión do alumnado e puntuación” apartado 1.k do Decreto 13/2022 sobre regulación da admisión de alumnado no centros docentes, o Consello Escolar do IES Ramón Cabanillas en sesión celebrada 15 de setembro de 2023 acordou conceder o punto polo criterio complementario a todas as solicitudes que cumpran o seguinte requisito:

Nota media 8 ou superior, no último curso completado”.

A súa acreditación será a través dunha certificación académica persoal do alumnado que presente a solicitude de admisión.

Dita regulación queda supedita a lexislación vixente establecida actualmente a través do Decreto 13/2022 e a orde de admisión do 21 de outubro de 2022 (artigo 24).

Normativa de aplicación:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html

• ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html



page | by Dr. Radut