Skip to Content

Entorno

Versión para impresora

DESCRIPCIÓN HISTÓRICO-ARTÍSTICA DO ENTORNO

CAMBADOS 

E a capital histórica da Comarca do Salnés.

O val do Salnés debe o seu nome as salinas que existían no litoral, como as de Noalla, Deva e Vilalonga, e que estiveron activas antes do ano 1750.

A Comarca e o territorio do Salnés, aparecen nomeadas no Concilio de Lugo, no ano 569, cando se fixo a demarcación do territorio da diócese de Iria. Tamén foi nomeada no Concilio de Braga, no ano 572.

A FORMACIÓN DA VILA

Os primeiros  restos de poboamento humán datan, según parece, do século VI antes de Cristo, e corresponden a asentamentos prehistóricos. Existen na desembocadura do río Umia, en Tragove e tamén no Monte da Pastora.

Da cultura castrexa hai abondosos restos, sendo o máis importante o Castro de Sete Pías,  no monte da Grenla; tamén creese que houbo unha vila romana no actual emprazamento de Santa Mariña Dozo. Hai que destacar da época sueva os santergos antropomorfos de San Vicente de Oubiña.

No século VIII, Cambados como outras poboacións costeiras, sufriu os ataques dos normandos e dos musulmans, e para defensa das costas construíronse torres vixías, entre as que está a de San Saturniño, en Santo Tomé de Mar.

No século XII o rei  Fernándo II, confirmou os foros e privilexios que Witiza lle concedera a Cambados, dándolle o título de "Muy Real Villa".

No ano 1842, as tres vilas de Cambados, Fefiñanes e Santo Tomé, formaron unha soa poboación.

HISTORIA E ARTE

A vila de Cambados está constituída por tres núcleos: Fefiñanes, que pertencía antiguamente á xurisdicción do Vizconde de Fefiñán; Cambados, que pretencía ós condes de Monterrei; e Santo Tomé do Mar á xurisdicción do Marqués de Montesacro   ( a partires do século VXIII).

O Conxunto de Fefiñáns

É o principal conxunto histórico e monumental da vila. Está formado polo pazo, a igrexa e a praza.

O Pazo de Fefiñanes    é un dos principais pazos, de estilo italiano, que se conservan en Galicia dentro dun espacio urbán. Parece ser que foi levantado sobre unha anterga construcción do século XIV. O actual data de comenzos do século XVII, forma un conxunto coa igrexa e a praza. A praza de Fefiñáns, antiga praza do mercado, estaba pechada por outros dous arcos, derribados para facer o paso da estrada moderna; foron destruídos sendo alcalde o Marqués de Montesacro a principios de século.

A Igrexa de San Bieito  ten pranta de cruz latina, remata en dúas torres barrocas, ás que se sube por escaleiras de caracol.

Na fachada da igrexa de Fefiñáns atopamos esculturas como a da "Virxe da O"  de estilo barroco. Sobre o aleiro pódese ver unha imaxe do Pantocrátor, pertencente á primitiva capela do século XII, e San Pedro coas chaves. Aparecen tamén escudos da casa de Fefiñans sostidos pola sirena dos Mariño Lobeira.

Cambados Monumental

No vello núcleo de Cambados abundan os pazos urbáns e destacan o edificio do Antiguo Hospital e as capelas de Santa Margarida e a do Hospital. O monumento máis importante e representativo é SANTA MARIÑA DOZO. O conxunto da igrexa e o cemiterio forman un dos espacios máis románticos de Galicia. No cemiterio está a tumba da dona e do fillo mais novo  Valle- Inclán. Na actualidade a igrexa aparece como unha gran nave renacentista cos seus arcos ó aire. A planta é de tipo basilical.

Perto da igrexa hai un pazo en restauración para arquivo municipal, denominado Casal de Uso da Torre. Baixando a costa de Santa Mariña está a Casa dos Pazos, que pertenceu ós Ulloa. pasou ós Condes de Monterrei e destes ós Duques de Alba.

A Igrexa Parroquial foi antiguo   convento  de San Francisco e desta construcción, ademáis da igrexa, queda parte do claustro.

O Pazo de Bazán,  actual Parador do Albariño, ocupa unha posición frontal frente a Ría, á sombra de árbores centenarias. Foi construído por D. Pedro Bazán de Torres, párroco de Cambados, na mitade do  século XVII.

Ó lado do anterior estaba a Casa da Calzada, da que se recuperaron hai pouco os restos da antiga construcción (pazo, lagar...) formando parte do edificio do centro Comarcal Expo-Salnés, de interesante arquitectura moderna, e cunha exposición dos recursos comarcais, e entre eles dous monumentos e restos arqueolóxicos.

O terceiro dos antigos núcleos que formaban o actual Cambados é o Santo Tomé. O seu principal monumento é o Pazo de Montesacro. Construído no século XVIII sobre o solar do antigo pazo. Na actualidade é unha residencia de ancianos.

Outro monumento importante é o de Santo Tomé é A Torre de San Sadurniño, levantada na mitade do século XI, e restaurada por Xelmirez no século XII.   A torre tiña tres corpos e estaba en bo estado ata o século XVIII, sendo posteriormente abandoada.. Tiña unha gran chimenea, aínda visible e dende ela facíanse señais de fume ás outras torres-vixía da Ría, cando os normandos atacaban as costas galegas. A Torre medieval sufriu estragos na guerra dos Irmandiños no século XV, e foi reparada despois polo Mariscal Don Suero Gómez de Soutomaior. Existe  unha lenda que di  que alí estivo retida  a raiña  Dona María de Hungría.

Ademáis dos monumentos descritos que hai na vila, nos arredores de Cambados podemos ver interesantes cruceiros e algún pazo, pero o máis interesante son os sartegos antropomorfos de orixe sueva de San Vicente de Oubiña, situados diante da fachada da igrexa. Tamén paga a pena destacar en Oubiña o castro de Sete Pías, excavado por Filgueira Valverde. Podemos ver os achados no Museo de Pontevedra.

Distribuir contido


by Dr. Radut