Skip to Content

Escola de familias

 

 

Estimadas familias,

A Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 24 de xaneiro ás 20.00 horas no salón de actos do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

 Desta volta contaremos con Raquel Pedrouso, unha profesional que nos axudará nas claves sobre a educación emocional e xestión do estrés.

 Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto con Silvia (a orientadora do centro) e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante.

 Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 20 de xaneiro.

ONDE? No salón de actos do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 24 de xaneiro de 2022 ás 20.00

 

 

 

 Agardámosvos!



story | by Dr. Radut