Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

A Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas continúa o vindeiro luns día 23 de maio ás 20.00 horas na biblioteca do instituto. Recordamos que non é un grupo pechado, podendo unirse quen o desexe cando queira ou poida.

Desta volta imos abordar un dos temas que máis nos preocupan, a saúde mental. Abordar o reto de educar na adolescencia onde as pantallas teñen un lugar moi presente na vida diaria é complexo e máis cando somos conscientes de que “a maior tempo diante das pantallas, peor saúde mental”. Nunha sociedade no que a taxa de suicidios na xuventude aumenta de xeito preocupante, queremos falar da saúde mental e o do benestar emocional do noso alumnado. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro antes do 19 de maio.

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 23 de maio de 2022 ás 20.00

 

 

 

 

Agardámosvos!



story | by Dr. Radut