Skip to Content

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas pecha o curso o vindeiro luns día 13 de xuño ás 20.00 horas, desta volta NO PASEO MARÍTIMO Á ALTURA DO POMBAL, para unha pequena ruta de sendeirismo mentres falamos do autocoidado que necesitamos para coidar e criar.
 
Vémonos ás 20.00 horas á altura do Pombal polo paseo. As persoas que cheguen un pouco tarde poden incorporarse ó grupo que se identificará facilmente arredor do paseo do Muíño da Seca, ou chamándonos ó teléfono 722 24 63 57.
Remataremos cun café compartido a modo de conclusión.
 
Gustaríanos contar con vós.
 
Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.
 
 

ONDE? NO PASEO MARÍTIMO Á ALTURA DO POMBAL
CANDO? O luns 13 de xuño de 2022 ás 20.00


story | by Dr. Radut