Skip to Content

Escola de Familias 2023/2024

 

Estimadas familias,

Despois da boa acollida que leva tendo a Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas durante estes cursos pasados, gustaríanos volver encontrarnos para falar da educación das vosas fillas e fillos, obxectivo que compartimos. Para iso propoñemos unha primeira xuntanza o vindeiro luns día 9 de outubro ás 20.00 horas na biblioteca do instituto.

Nesta xuntanza, a través da dinámica de mesas "World-Café", debateremos sobre o que necesitamos nesta complexa tarefa de educar na adolescencia.

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por conciliación ou por horario poñédevos en contacto co centro e trataremos de buscar alternativas nesta ou en vindeiras ocasións. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo ó centro.

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 9 de outubro de 2023 ás 20.00 



story | by Dr. Radut