Skip to Content

BECAS MEC: PIDE XA A TUA BECA

 

Bo día, familias.

Do día 19 de marzo ao 10 de maio pódense solicitar as BECAS do MEC para a realización de estudos postobrigatorios e universitarios (Universidade, Bacharelato, Ciclos de FP de grao básico, medio e superior, Escola de Idiomas, Ensinanzas artísticas e deportivas, etc.) para o vindeiro curso 2024 – 2025.

Ao igual que na convocatoria anterior, deberás cumprimentar a solicitude aínda que non saibas as notas, se titula ou non, ou que estudos realizarán o próximo curso. Estes datos serán provisionais e poderanse modificar máis adiante.

A súa tramitación realizarase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica.

As BECAS NEAE aínda están pendentes de ser publicadas.

Na seguinte ligazón tedes máis información:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Un saúdo,

Departamento de Orientación.



page | by Dr. Radut