Skip to Content

MERECIDO PASEO POLA PRIMAVERA PARISINA PARA O IES RAMÓN CABANILLAS



París agardaba a primavera e os visitantes envolvéronse co ambiente, que o impregnaba todo. A cidade espertou os sentidos e fixo as delicias dun grupo de alumnado do IES Ramón Cabanillas, de Cambados, que se deixou caer uns días por alí.

A Viaxe Cultural tivo lugar do 25 ao 29 de Marzo, nela participou alumnado de 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato, que se veu invadido polas sensacións que provocaban cada momento e cada desprazamento pola entramada rede de metro parisina. Pasearon ao longo do Sena, vendo os quais e á xente descansando frente ao río; deleitáronse diante das obras do Louvre e da Basílica e arredores do Sacré Coeur, disfrutaron en Eurodisney e contemplaron a beleza da Ópera, admiraron a grandeur do Arco do Triunfo e da Torre Eiffel, percorreron os Campos Elíseos, pasando pola Place de la Concorde, o Centro Pompidou e Notre Dame pra finalizar o percorrido parisino cun inolvidable cruceiro polo Sena ao solpor, onde culminou a experiencia dos sentidos. Un total de 42 persoas fixeron posible esta aventura, que esperamos perdurará especialmente na memoria dos mais novos, cun bo "souvenir", con ganas renovadas de voltar a casa e de repetir algún día a visita á cidade da Luz.

Moitas grazas a tod@s



page | by Dr. Radut