Skip to Content

Novas

Versión para impresora

Escola de familias

 

Estimadas familias,

Durante este curso escolar queremos botar a andar a Escola de Familias do IES Ramón Cabanillas, co fin de convivir nunha serie de encontros para tratar temas de interese para a comunidade educativa. Familia e escola falando da educación, esa tarefa complexa e compartida. 

Para iso imos comezar facendo un primeiro encontro no que a través da dinámica “mesas-café” debateremos sobre o que nos preocupa da educación das nosas fillas e fillos e extraeremos estratexias que nos axudarán no día a día. 

Gustaríanos contar con vós. En caso de ter dificultades de asistencia por coidado das fillas e fillos poñédevos en contacto coa orientadora do centro e trataremos de buscar unha solución. A vosa presenza é importante. 

Nais, pais, avoas, avós, irmás… toda a familia conta na educación das crianzas, animádevos a vir.

Importante: haberá merenda, en caso de contar con intolerancias alimenticias por favor comunicádeo á orientadora antes do 15 de novembro.

 

 

 

ONDE? Na biblioteca do IES Ramón Cabanillas

CANDO? O luns 15 de novembro de 2021 ás 20.00

 

  Agardámosvos!

IMPORTANTE: BECAS 2021-2022

Lembramos que o prazo para solicita-las Becas do Ministerio de Educación remata o 30 de setembro.

Máis información na páxina web:  https://www.educacionyfp.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

Inicio de curso 2021-2022

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO PARA AS FAMILIAS

DO ALUMNADO QUE EMPEZA EN 1º ESO

LUNS DÍA 13 ÁS 18:00h

Salón de Actos

---------------------------------------------------------

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA

MÉRCORES 15  DE SETEMBRO

Para evitar aglomeracións e explicar o protocolo Covid ao alumnado, flexibilizaremos a hora de entrada da 1ª xornada lectiva organizando as seguintes quendas:

 

Cursos

Zona de recepción

Hora de entrada

Hora de saída

1º ESO

Salón de actos

9:00

14:30

2º ESO

Salón de actos

10:00

14:30

3ºESO

Salón de actos

10:30

14:30

4º ESO

Salón de actos

11:00

14:30

1º BACHARELATO

Salón de actos

12:00

14:30

2ºBACHARELATO

Salón de actos

12:30

 

14:30

 

 

 

 

REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

O pasado 13 de novembro saíu publicada unha Orde da consellería na que se recolle o procedemento para o reparto de máscaras gratuítas entre o alumnado de educación secundaria.

Aqueles alumnos/as que foran beneficiarios da axuda para material escolar (50€), non deberán facer ningún trámite, simplemente agardar ao reparto das mesmas, que, previsiblemente, se realizará a primeira semana de decembro.

As familias que non solicitasen a axuda para material, pero que pola contra, puideran ser beneficiarias da mesma, poderán solicitar as máscaras até o día 27 de novembro, para elo, deberán cubrir un impreso que poden recoller na secretaría do centro ou ben descargalo no arquivo adxunto a esta entrada.

Titorial de uso de Webex para alumnos e familias

Videotitorial para conectarse ao Webex: https://youtu.be/BUp6_7ZfcDk

DOCUMENTACIÓN IMPORTANTE PARA O INICIO DE CURSO

IMPORTANTE:

Descargade aquí o noso Protocolo COVID e o PLAN DE ACOLLIDA

Distribuir contido


by Dr. Radut