Táboa periódica en feminino.

Para rematar a 2ª avaliación o alumnado do proxecto Donas de si aventurouse na tarefa de deseñar unha táboa periódica en feminino con mulleres da actualidade que están a destacar en diversos ámbitos como a política, o deporte, as ciencias, a literatura, a música ou a arte.

 

 

 

Tras varios días de traballo de investigación guiado polas súas profesoras lanzáronse á aventura. Así, comezaron a concretar a información sobre as distintas persoalidades que dan forma a esta orixinal táboa periódica e que conmemora á súa vez o 150 aniversario desta creación.

 Grazas a esta actividade foron quen de coñecer e afondar en nomes nos que non reparan no seu día a día, pero que a bo seguro dende hoxe formarán parte do saber.