Transporte e comedor

Neste apartado móstrase todo o relacionado cos servizos complementarios.

Comedor 2021-22: Modelo de autodeclaración

Teñen á súa disposición o modelo de autodeclaración do comedor, para o alumnado que non puido aportalo no momento da matrícula. Por favor, entrégueno na secretaría do centro o antes posible.

Comedor 2017-18.

O Decreto 132/2013 regula os comedores escolares dos centros públicos e a gratuidade total ou a aportación parcial ou completa do prato está recollida na instrución 5/2017 da Consellería de Educación.

Nos adxuntos, atopará o texto referido así como o impreso que ha de cubrir e asinar, entregándoo no momento da matrícula. Nel van as instrucións que ha de seguir para establecer a renda per cápita familiar. Teña en conta que está a asinar unha declaración xurada, autorizando ademais á administración para consultar os seus datos da declaración da renda.

É de destacar que a unidade familiar, aos efectos do comedor escolar, está integrada unicamente polos cónxuxes e os fillos menores de idade e non emancipados. Polo tanto, non se poden incluir na autodeclaración fillos nacidos con anterioridade ao 31/12/1998, salvo no caso de que esté incapacitado xudicialmente e suxeito a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

No portal da Consellería no seguinte enlace (PREMA nel) atópease unha simulación da taxa para achar a renda per cápita familiar.

Pai e nai, ou titor legal, son quen cubren e asinan o impreso.

Transporte 2017-18

Que alumnado ten dereito ao transporte escolar?

1- O alumnado da ESO que viva na zona rural de Monforte, sempre que estea a máis de 2 quilómetros do IES Río Cabe. Enténdese esta distancia polo camiño máis curto e feita a pé. Este alumnado considérase usuario lexítimo do transporte.

Pero, habendo prazas, tamén pode usar o transporte o alumnado incluído nos seguintes dous apartados, mediante unha autorización que só ten validez para o ano académico 2017-18.

2- O alumnado da ESO que viva na zona rural a menos de dous quilómetros e aqueloutro que viva no núcleo urbano. Neste caso, sempre que haxa prazas dispoñibles e sen se modificaren as paradas establecidas na ruta.

3- O alumnado de BAC, sempre que haxa prazas dispoñibles e sen se modificaren as paradas establecidas na ruta.

O alumnado que se inclúe no apartado 1 -usuario lexitimo- tan só ten que solicitalo no impreso de matrícula e automaticamente asignaráselle a parada solicitada. Se se pretende modificar ou engadir algunha parada, hai que solicitalo mediane instancia ao director para trasladarlla á Xefatura territorial.

O alumnado dos apartados 2 e 3, usuarios autorizados por un curso escolar, han de solicitalo ao director mediante a instancia que se xunta. Esta instancia a poden obter cuberta na Secretaría do centro e entregarase no momento da matrícula asinada polo responsable do alumno ou alumna.

Distribuir contido