EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 1

Aberto prazo de inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas curso 24/25 - Fútbol

 

O día 7 de maio publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

 Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

 a) Dispoñer do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba de carácter específico, acreditar méritos deportivos, experiencia profesional ou deportiva ou as tres condicións de forma conxunta

b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específicos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.

c) As persoas que estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria estean pendentes do procedemento de revisión no centro, ou de resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, respecto de reclamación das cualificacións do curso 2023/24, deberán presentar igualmente a solicitude de inscrición no prazo establecido, e poderán realizar a proba de acceso de carácter específico de grao medio.

d)  A superación da dita proba substitutiva do requisito de titulación de grao medio dará tamén acceso ás actividades de formación deportiva de nivel I 

 

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 8 de maio e o día 26 de xuño de 2024.

  

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que o alumnado interesado pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982 828034.

Calendario de exames finais Nivel 1 TD Fútbol

Os días 13,17 e 19 de abril celebraranse os exames finais dos distintos módulos que integran o NIVEL 1 das ensinanzas técnico deportivas na modalidade de Fútbol.

Podedes consultar o calendario de exames no seguinte enlace.

A entrega  de cualificacións será o 21 de abril a partir das 12:00h. Aclaracións ás cualificacións ese mesmo día de 12:00 a 14:00h. Reclamacións presentadas regulamentariamente, na secretaría do centro e dirixidas ao Sr Director os días 24 e 25 de abril.

BECAS MEC CURSO 23/24

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

Comunicamos que xa saíu publicada a convocatoria das becas  MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2023/24 (dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias: BAC, FP grao medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, Ensinanzas artísticas profesionais e superiores, Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, Ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores, Universidades e ademais FP de grao básico).

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Achegamos enlace á convocatoria e a páxina web do Ministerio onde poderedes obter toda información sobre a solicitude das becas.

https://www.becaseducacion.gob.es/normativa/c/normativa.html

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/fp-bachillerato-otros/tipos-de-becas.html

 

Xoves 17, último día: Partido no estadio Benito Villamarín

Para rematar a estadía no Real Betis Balompié o noso grupo asistiu ao partido de Europa League Real Betis contra o Manchester United no estadio Benito Villamarín.

 

 

Esta expedición estivo formada por 15 alumnos/as de varios IES de Galicia e tres profesores.

Dende o IES Río Cabe expresamos o noso profundo agradecemento a quen fixo posible esta visita así como ao Real Betis Balompié pola oportunidade brindada.

Mércores 15, día 3: Visita á cidade deportiva do Real Betis


  O mércores o noso alumnado e o seu profesor, Jorge Fortes, visitaron  o Estadio Benito Villamarín do Real Betis Balompié.

Alí puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo preparatorio do partido de Europa League contra o Manchester United.

 

Tamén asistiron ás formacións impartidas por José Luis, do departamento de preparación física, e de Félix Cao, preparador físico e recuperador do primeiro equipo.

 Para máis tarde debater cos futbolistas Borja Iglesias e Joaquín Sánchez.

 

Martes 14, día 2: Visita á cidade deportiva do Real Betis Balompié

Hoxe tocou visitar as instalacións da cidade deportiva do Real Betis onde os nosos alumnos e o seu profesor puideron disfrutar dun entrenamento do primeiro equipo, a formación a cargo do Departamento de Análisis Táctico  e a formación a cargo de Félix Cao, preparador e recuperador do primeiro equipo.

 

 

 

Luns 13, día 1: Visita Real Betis da Liga Nacional de Fútbol Sala

Nestes días parte do noso alumnado do Ciclo Técnico deportivo nivel 1 da modalidade de fútbol, acompañados do seu profesor Jorge Fortes, están visitando as instalacións do Clube Deportivo Betis Balompié en Sevilla.

O primeiro día adicárono a percorrer o Real Betis da Liga Nacional de fútbol sala, entrenado polo galego Bruno García.

 

Charla nas ensinanzas deportivas

O luns 19 de decembro de 2022 no salón de actos do Ies Rio Cabe celebrouse unha charla sobre as regras de xogo do Fútbol a cargo de David Pérez Pallas (árbitro VAR 2a División) e Adrián (árbitro Asistente 2a División), de ascendencia monfortina.  Comezou ás 19h e rematou pasadas as 21h, o cal demostra o interese que suscitou entre os asistentes. 
Cabe destacar que o público foi moi heteroxéneo, xa que non so había adestradores e futuros técnicos  senón que tamén participaron xogadores de distintas idades e afeccionados/as.

     


Agradecer os árbitros que se desplazaron dende Vigo a dar a charla e a todas/os  os/as participantes.

Presentación das ensinanzas técnico deportivas de Fútbol

O próximo mércores día 14 de setembro ás 20:00h na aula 200 terá lugar a presentación das ensinanzas técnico deportivas da modalidade de fútbol Nivel 1.

As clases comezarán o xoves 15 no horario establecido.

Distribuir contido