EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 1

Técnico deportivo en fútbol - Nivel I

Está previsto que no curso académico 2018/2019 se oferten as ensinanzas correspondentes ao Nivel 1 de Técnico Deportivo na modalidade de Fútbol.

No noso centro alternamos cada curso académico a oferta dos niveis I e II da modalidade de fútbol.

Se estás interesado podes chamar á Secretaría do centro, 982828034, e avisarémoste persoalmente cando salgan convocadas as probas de acceso.

Conferencia de José Antonio Durán ao alumnado de fútbol

O adestrador do  CD Lugo durante a tempada 2015/2016 e actual adestrador do equipo filial, o Polvorín, José Antonio Durán Rivas, impartiu este pasado luns unha conferencia ao alumnado do Nivel 1 do Ciclo Medio de Fútbol e outras persoas que asistiron a charla. O título da mesma era “Planificación do adestramento no fútbol: Do macrociclo á tarefa”.

José Antonio Durán é licenciado en Educación Física e estivo traballando como profesor no IES Río Cabe no curso escolar 2012/2013, ao cubrir unha baixa por enfermidade do profesor e organizador desta actividade, Carlos Parada.

 

Cualificacións das probas de acceso ao ciclo de fútbol

No día de hoxe, 07/09/2016, publicáronse na páxina web da Consellería de Educación a listaxe de cualificacións definitivas da proba de acceso específica as ensinanzas deportivas de fútbol (A Coruña - Culleredo). No seguinte link pódese acceder a mesma:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/19856

O prazo de matrícula dos/das aspirantes que superaron as probas de acceso abrangue desde a data da publicación de admitidos en cada especialidade ata o 26 de setembro de 2016.

É necesario achegarse a Secretaría do centro e entregar unha foto tamaño carnet, fotocopia do DNI, modelo de matrícula cuberto, as correspondentes taxas de matriculación e xustificante de ter aboado o seguro escolar:

1.- No seguinte link podes descargar o "MODELO DE MATRÍCULA" para entregar cuberto na Secretaría.

2.- Para aboar as taxas o cálculo do importe faise a partir da seguinte táboa:

Pódese cubrir directamente o impreso das taxas na páxina da Consellería de Facenda ou recollelo na Secretaría do centro para o seu pago.

Están exentos do pago de taxas as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. A acreditación desta condición realizarase ao formalizar a matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade ditada polo órgano competente nesta materia.

Terán unha exención do 100% os/as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición acreditaraa o/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición.

3.- Os alumnos que teñan menos de 28 anos teñen que aboar o seguro escolar na seguinte conta bancaria de "ABANCA":

ES11 2080 0126 2130 4001 9492

Importe: 1,12 euros

Concepto: Seguro Escolar Fútbol

Tríptico Técnico Deportivo en fútbol Nivel 1

Podes facer click nas seguintes imaxes para poder visualizar o tríptico:

 

 

Nivel 1 - Técnico deportivo en fútbol - Curso 2016/17

Durante o curso escolar 2016/2017 no noso centro impatirase o nivel 1 das ensinanzas especiais de Técnico Deportivo en Fútbol.

Para acceder a estas ensinanzas é necesario superar unha proba específica de acceso, ademáis de ter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, como no caso doutros ciclos formativos de grao medio.

Podes atopar toda a información sobre esta proba específica das ensinanzas de fútbol nos seguintes links:

Avaliación da condición física primeira parte

Avaliación das habilidades de fútbol e fútbol sala

Ademais o DECRETO 89/2013 fixa os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas deportivas. En concreto, as taxas das probas de acceso ascenden a 34 euros.

Na páxina web da Consellería de Educación tamén poderás atopar resposta ás preguntas máis frecuentes sobre as ensinanzas deportivas:

Relación de preguntas e respostas acerca das Ensinanzas Deportivas

A norma que regula estes estudos é o Decreto 353/2003, do 11 de setembro, polo que se establece o currículo da especialidade deportiva de grao medio correspondente ó título de técnico deportivo en fútbol.

Estes estudos impártense gratuitamente (agás a matrícula, sobre 125 euros) unicamente en tres centros educativos de Galicia: IES Universidade Laboral de Culleredo en A Coruña, IES Sánchez Cantón en Pontevedra e IES Río Cabe en Monforte de Lemos. Tamén podes obter a titulación nalgún centro privado e, desde o curso 2010-11, coa Federación de Fútbol, pero nestas entidades privadas ou na federación non son cursos gratuitos.

Se estás interesado en empezar a cursar estudos para ser entrenador de fútbol podes poñerte en contacto co noso centro enviando un email a ies.rio.cabe@edu.xunta.es ou chamando por teléfono á Secretaría do centro.

As probas de acceso está previsto que se convoquen en breve e superalas son requisito "sine qua non" para poder posteriormente matricularse destas ensinanzas.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos ás probas de acceso a fútbol

Na seguinte páxina web podedes acceder ao listado de persoas inscritas nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas, e entre todas elas ao ciclo de fútbol que se imparte no noso instituto:

 http://www.edu.xunta.es/web/node/13040

 

Distribuir contido