EE Técnico deportivo en fútbol Nivel 1

Presentación das ensinanzas técnico deportivas de Fútbol

O próximo mércores día 14 de setembro ás 20:00h na aula 200 terá lugar a presentación das ensinanzas técnico deportivas da modalidade de fútbol Nivel 1.

As clases comezarán o xoves 15 no horario establecido.

Xornada de aprendizaxe no CLUB DEPORTIVO LUGO

O pasado mércores  día 9 de xuño os nosos alumnos  en prácticas do Nivel I Técnico Deportivo especialidade de fútbol foron invitados polo C.D. Lugo para desenrolar unha xornada de coñecemento  e aprendizaxe a carón dos entrenadores e xogadores de dito club.

 

 O día estivo estruturado da seguinte maneira:

10:00-11:30 Explicación das bases do modelo de metodoloxía desenvolto na tempada 20/21.

11:30-13:00 Realización e explicación das sesións que se realizarían pola tarde: Obxectivos  xerais e individuais e roles dos adestradores.

16:00-18:00 Visionado das sesións de Cadete División de Honra e Cadete Liga Galega.

18:00-19:30 Visionado da sesión de Infantil Liga Galega.

 

Dende o noso centro  dámoslle  as grazas ao C.D.Lugo pola xornada e o excelente trato recibido.

Relación definitiva de persoas admitidas nas probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas

Se premes no seguinte enlace poderás acceder á listaxe definitiva das persoas inscritas nas probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas.

As probas de madureza de grao medio celebraranse o día 8 de setembro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela das 9:00 ás 13:00h.

As probas de acceso de carácter específico na modalidade de fútbol  terán lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 10 de setembro, ás 10.00 horas e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra ao día seguinte.

 

LISTAXE PROVISIONAL DAS PERSOAS INSCRITAS PROBAS ACCESO ENSINANZAS TÉCNICO DEPORTIVAS CURSO 20/21

Premendo na seguinte imaxe podedes descargar a relación provisional de persoas inscritas nas probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas para o curso 20/21.

 Ou clickando neste enlace.

Poderanse presentar alegacións ás listaxes provisionais a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude ata o día 15 de xullo.

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA

 

A partir do día 25 de xuño e ata o 8 de xullo está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas na modalidade de fútbol NIVEL 1 que se imparten no noso centro. 

Se queres ser profesional do adestramento no mundo do fútbol ven a formarte ao IES Río Cabe!

 

Inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2020 - Fútbol

O día 23 de xuño publicarase no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2020-2021.

Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 8 de xullo de 2020.

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que calquera alumno interesado pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982828034.

 Máis información sobre estas ensinanzas na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/510

Horario Fútbol - Nivel 1

Facendo click na seguinte imaxe accedese a un pdf co horario das ensinanzas de fútbol para o curso 2018/2019:

 

Cualificacións Provisionais das probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de fútbol

Neste enlace pódense consultar as cualificacións provisionais das probas específicas de acceso ás ensinanzas deportivas de fútbol.

Pincha nas imaxes para descargar o documento completo en pdf.

 

 

Listaxe definitiva inscrición acceso ás Ensinanzas Deportivas Curso 2018-19

Nesta páxina web podedes ver a relación definitiva das persoas inscritas ás probas de acceso das Ensinanzas Deportivas Curso 2018-19:

Tamén se accede á información clickando na seguinte imaxe:

Inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas 2018 - Fútbol

O día 18 de xuño publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2018-2019.

 Ten acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

 

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 10 de xullo de 2018.

No IES Río Cabe o próximo curso está previsto impartir o Nivel 1 das ensinanzas de Técnico deportivo en fútbol, polo que calquera alumno interesado pode obter máis información na Secretaría do centro ou chamando ao teléfono 982828034.

A continuación pódese descargar o modelo de inscrición e un impreso de solicitude de exención, por se fose necesario, ainda que se tería que aboar as tasas correspondentes e será o tribunal nomeado para a avaliación de ditas probas quen resolverá a exención solicitada.

É necesario cubrir o impreso de solicitude de admisión ás probas de acceso xunto coa documentación que proceda:

– Título de graduado na ESO.

- Impreso de ter aboado as taxas correspondentes. Pódese cubrir directamente na páxina da Consellería de Facenda ou recoller o impreso na Secretaría do centro para o seu pago. Esta imaxe pode servir de axuda:

Están exentos do pago de taxas as persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. A acreditación desta condición realizarase ao formalizar a matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade ditada polo órgano competente nesta materia.

Terán unha exención do 100% os/as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición acreditaraa o/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición.

 

 

Máis información sobre estas ensinanzas na seguinte páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/510

Distribuir contido