Encontros Profesionáis do Sector Turístico

O alumnado do ciclo de Guías, información e asistencia turísticas viaxou a Santiago, mércores 5 e xoves 6 de febreiro, invitados polo IES Rosalía de Castro para asistir a distintos encontros con  profesionáis do sector turístico.

Na primeira xornada, mediación e emprendemento foron os temas abordados polos responsables en Galicia de Costa Cruceros e Politours, ademáis das intervencións da xerente de Viaxes Áncora e da responsable de Estila Azafatas.

O segundo día o encontro versou sobre a acollida e a información ao visitante. Neste caso os relatores foron Silvia Iglesias, directora da oficina de Porto e Norte de Portugal; Fernando Mújico de Turismo de Santiago, Ítalo Péndola como guía oficial de turismo e Tommi Alvarellos en calidade de presidente de APIT – Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia-.