Actividade Ciclo de Turismo

 

Alumnado e profesorado  do ciclo superior de Guías, información e asistencia turísticas cambiamos as saídas didácticas previstas para o terceiro trimestre por seminarios web e outras xornadas online, ademais de continuar as actividades lectivas co ensino telemático.

O derradeiro webinar, celebrado o 4 de maio, “Técnicas para o relato cultural e divulgativo” estaba organizado pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector.

O obxectivo do seminario que contou co relator Miguel Á. Cajigal –@elbarroquista-, era mellorar as competencias divulgativas presenciáis dos profesionais do Turismo Cultural de Galicia.

Resultou ser unha boa experiencia na que Cajigal aportou interesantes  pautas para abordar os relatos culturales ademais de repostar as dúbidas xurdidas durante a súa presentación.