Homenaxe a Ramón Vázquez

A inauguración deste curso 2020-21 tivo para o ciclo de Turismo unha emotividade especial xa que se homenaxeaba  a Ramón Vázquez, o que fora alumno, compañeiro, amigo,…

Unha montaxe fotográfica das distintas saídas compartidas e doutras actividades no Centro trouxéronnolo de volta por un anaco. Anaco de bos momentos que Aurora, a súa muller, quixo vivir connosco.

             

Home de personalidade altruista, leal, alegre, humilde, sensible, responsable, optimista, comprometido coas causas sociais, exemplo de superación,… Así o recordamos.

No IES Río Cabe e en cada un dos que tivemos o privilexio de conocelo quedará a súa pegada para sempre.