Visita ao Pazo de Tor

O CS de Guía, información e asistencia turística acercámonos, o pasado 4 de novembro,  a  San Xoán de Tor para visitar unha das máis importantes mostras da arquitectura pacega galega, o Pazo de Tor.

Cedido á Deputación de Lugo pola última propietaria, María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga, é museo, como foi a súa vontade, dende 2006.

A visita guiada polas dependencias do inmueble permitiunos  coñecer o modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.

A actividade desenvolveuse con todas as medidas sanitarias aconselladas para garantir a nosa seguridade e, por suposto, coa profesionalidade e dedicación que caracteriza aos guías deste museo.