Visita do alumnado do CS Turismo a DAVEIGA e paseo polo Miño coa empresa Sacra Activa

O pasado 9 de xuño o alumnado do Ciclo Superior  de Turismo visitou a primeira hora da tarde as instalacións da fábrica Daveiga produtora das famosas galletas Mariñeiras, onde puidemos comprobar a aposta que fai esta sociedade pola utilización de materias  primas naturais  e de calidade.

 

A visita comezou cun percorrido polas distintas salas de elaboración  onde Suso nos explicou  todo o proceso dende a formación  inicial da masa, amasado,  cocción, selección  e posterior empaquetado.

                                                              

 

Ao rematar, Xose Lois, xerente e cofundador da empresa, falounos sobre a orixe desta idea  e a evolución no mercado ao longo destes anos. Fíxonos partícipes do seu  proxecto empresarial  da economía do social  onde os traballadores participan activamente na empresa.

Dámoslle as grazas a Daveiga pola oportunidade  de coñecer un pouco máis  a súa  empresa, baseada no aproveitamento sostible dos recursos locais, respetuosa co medio e  cunha grande resposabilidade laboral.

Seguidamente desprazámonos ao pobo de Belesar onde Martín, responsable do proxecto empresarial Sacra Activa, nos levou ao mando do seu catamarán pola Ribeira do Miño, gozando da beleza da nosa paisaxe.


Xa de volta, agasallounos cunha pequena merenda acompañada de cata na bodega Ecosacra,  un lugar de paz e tranquilidade con máis de 300 anos de antigüidade. 

 

 

Un perfecto final para un día adicado á iniciativa emprendedora na Ribeira Sacra. 

Moitas grazas  a nosa alumna Carmen de "Escapalandia" polas xestións feitas e a  Xose Lois e  Martín pola vosa  amabilidade e bo facer.

Premendo no seguinte enlace podedes acceder á Galería de fotos da saída.