Visita ó Parque Eólico de Sotavento

No día de hoxe,16 de xuño, o alumnado de 4º de ESO visitou as instalacións do Parque eólico de Sotavento , en Xermade, Lugo. A mesma visita foi realizada polo alumnado de 2º de ESO o pasado 24 de maio. O obxectivo das visitas foi coñecer de primeira man un proxecto  “que pretende tomar conciencia da necesidade de promover novos modelos de desenrolo que axuden a diversificar as fontes enerxéticas á  a vez que impulsen o aforro e o uso enerxético responsable”.

 

Así, o alumnado e profesores acompañantes aprenderon como aforrar enerxía no fogar, como orientar as vivendas a construir para que sexan máis eficientes, aproveitar e gastar menos auga, viron o funcionamento de aeroxeradores e atenderon a moita información moi interesante para transformar a nosa mentalidade en canto a axuda ó medioambiente.

 

Unha visita que sen dúbida repetiremos en próximos anos.