Charla de Suso Verao

A finais do presente curso escolar visitou a nosa aula de Turismo o que fora director deste Centro, Xesús Verao.

Compoñente da asociación Colado do Vento dende a súa fundación é artífice de diversas actividades relacionadas coa recuperación de tradicións da Ribeira Lucense, sendo ademáis un dos fundadores do Grupo O Trícole, adicado á divulgación do Patrimonio inmaterial e difusión de cantigas e tradicións populares de Sober. Firme defensor da toponimia orixinal da zona, foi ademáis un dos primeiros descubridores do petróglifo da Laxa da Carreira, en Bolmente.

Coñecendo a súa traxectoria no eido cultural é comprensible que a disertación que ía versar únicamente sobre a orixe e evolución do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, da que Verao foi integrante dende os seus inicios, se convertera nunha posta en común moito máis ampla e enriquecedora para todo o auditorio presente.

Como remate, un percorrido pola historia da adega familiar A Cividade.