Saída a Proendos - Ciclo de Turismo

 Non poderíamos comezar mellor as saídas do Ciclo de Turismo deste curso 2021/22 que coa visita organizada polo Concello de Sober o pasado mércores 22 de setembro para divulgar o traballo arqueolóxico feito na parroquia de Proendos.

 O arqueólogo responsable dos levantamentos puxo en valor os achados atopados e nun deles mostrounos varias paredes construidas en paralelo cuns buratos en forma de corredor, trataríase dunha hipotética horrea romana.

 No outro levantamento, próximo á igrexa de Santa María de Proendos, puidemos observar unha ábsida circular aínda sen datar.

 As excavacións constataron tamén a existencia dun hipocausto que xunto cos achados anteriores confirman a importancia desta zona na época romana.