Convócanse as bolsas de carácter xeral para o curso 22/23

Próximamente  abrirase  a convocatoria das bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022/2023 destinadas a  estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Beneficiarios:
Estudantes que non superen unha determinada renta e/ou patrimonio familiar, que cumpran uns determinados requisitos de aproveitamento académico e se atopen cursando (no 2022-2023) algunhas das seguintes ensinanzas:
   1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias, entre as que se atopan:

  • Bacharelato.
  • Formación Profesional de grao medio e grao superior (incluídos estudos de formación profesional nos centros docentes militares).
  • Ensinanzas deportivas.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Outras (ver convocatoria).

   2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español.

Solicitudes:
Mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica: https://sede.educacion.gob.es ou en www.educacionyfp.gob.es

Prazo:
Dende o 30 de marzo de 2022 ata o 12 de maio de 2022 (ambos inclusive).

Podes acceder a toda a información premendo no seguinte enlace.