Compartindo saberes sobre a olaría tradicional da Ribeira Sacra: videoconferencia entre o alumnado do IES San Mamede e o IES Río Cabe.

O pasado 15 de xuño tivo lugar unha nova actividade relacionada co Plan Proxecta no que o alumnado de 3º ESO estivo traballando durante este curso. A actividade consistiu nunha videoconferencia entre dous centros (IES de San Mamede, no concello de Maceda, Ourense, e o IES Río Cabe) na que os protagonistas e auténticos relatores foron os propios alumnos/as. O obxectio que se perseguía era compartir saberes sobre a olaría tradicional que temos na Ribeira Sacra (unha na provincia de Ourense e outroa na de Lugo): o IES de San Mamede explicounos a olaría de Niñodaguia (no concello de Xunqueira de Espadañedo, a só cinco quilómetros do seu IES), e os nosos alumnos/as explicáronlles a olaría de Gundivós (no concello de Sober, a 8 quilómetros de Monforte).

A experiencia resultou do máis proveitosa e moito foi o que aprendemos. A videoconferencia comezou por ambas partes cunha introducción na que explicaban como é a cidade onde está o seu instituto (Maceda ou Monforte) e, despois, cada centro expuxo como era a olaría tradicional de súa zona: como se extraía e se preparaba o barro, tipos de barro, tipo de torno, como eran os fornos e a cocción, cor característica de cada zona, tipoloxía dos cacharros, etc.

Agradecemos aos alumnos/as de ambos centros o esforzo que fixeron e o ben que explicaron. Grazas a tod@s!

 Podedes ver o traballo dos alumnos no seguinte enlace