"Gundivós, terra de oleiros" - Plan Proxecta 3º ESO

A gravación dun vídeo sobre a olería de Gundivós foi o proxecto final realizado polo alumnado de 3º de ESO do IES Río Cabe 21/22, no que estudaron a olería tradicional  da Ribeira Sacra,centrándose na parroquia de Santiago de Gundivós, noutro tempo coñecida como “terra de cacharreiros”.

Esta foi a última actividade do curso de 3º, que durante todo o ano traballou no Plan Proxecta “Patrimonioo etnográfico da Ribeira Sacra”. No vídeo, os alumnos e alumnas explican, no noso  “telecabe”, as tarefas que foron realizando para coñecer a olería tradicional da RS.