CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DAS PROBAS ESPECÍFICAS QUE DAN ACCESO ÁS ENSINANZAS TÉCNICO DEPORTIVAS DE FÚTBOL NIVEL I

 

O próximo 6 de outubro ás 10:00 horas nas instalacións do CAD REAL CLUB DEPORTIVO - A Coruña (Agra de Marcés, San Tirso de Mabegondo, 15318 Abegondo) terán lugar as probas, de carácter extraordinario, que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivas na modalidade de fúbol Nivel 1.

Só poderán inscribirse na probas específicas as persoas aspirantes que reúnan os requisitos académicos establecidos para poder cursar estas ensinanzas (Resolución do 7 de abril de 2022)

Podedes descargar o modelo de inscrición e o modelo de solicitude de validación das probas. Para  efectuar o pago das taxas  consulta o seguinte arquivo. O prazo de inscrición remata o día 29 de setembro. A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 30 de setembro. Ás reclamacións á listaxe provisional e a entrega da documentación que se lles requira aos/ás aspirantes realizarase ata o día 4 de outubro. As listas definitivas publicaranse o día 5 de outubro.