Celebrando a Paz

Esta mañá celebramos no Cabe o 30 de xaneiro, Día Internacional da Paz.

 

Reunímonos na Biblioteca co alumnado de distintos cursos da ESO e BAC para recibir a unha familia de refuxiados ucranianos que reside actualmente en Ferreira de Pantón, que nos veu falar da súa experiencia como cidadáns dun país que se atopa inmerso nunha guerra, como todas as guerras, inhumana e inxusta.

 

Tivemos de tradutora a Olga, alumna de 4º, que nos deu tamén a súa opinión sobre o conflito e a quen agradecemos de corazón a súa colaboración, nun asunto no que ten, lóxicamente, implicacións emocionais.

 

Comezamos a celebración coa banda do instituto, encabezada por Xurxo Labrador e as alumnas Ariadna, Ximena e Estefanía, quenes cantaron cancións que son himnos de paz  e de non á violencia. Tivemos de presentador a Miguel e de entrevistadores a Alicia, Anxo, Demetrio, Gabriela, Iara e Xurxo. 

 

Moitas grazas a todos eles e tamén a Xaquín, traballador social de Ferreira de Pantón,  por axudarmos a lembrar que a paz é tan necesaria como inútiles as guerras.