Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Coas actividades levadas a cabo nesta conmemoración, o que se pretende é visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando referentes femininos para a infancia, así como fomentar prácticas que conduzan a alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico. 

No Río Cabe, este obxectivo levounos á participación nunha charla- debate online con mulleres científicas da universidade de Vigo, que nos explicaron as súas traxectorias profesionais e ás que o noso alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de preguntar dúbidas respecto ás carreiras que poden escoller relacionadas coa ciencia. A actividade estivo organizada por  José Manuel Gil, colaborando na parte técnica Xurxo Labrador, profesores do departamento de Física e Química do noso centro, a quenes agradecemos a súa implicación e traballo.