Canguro Matemático

O xoves 16 de marzo, alumnado de ESO e Bacharelato do IES Río Cabe participou na proba Canguro matemático. 

Este concurso está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) e pretende que a xornada dedicada ás probas sexa unha xornada entretida e lúdica, na que cada participante afronte o reto persoal para resolver distintas cuestións matemáticas de dificultade crecente, na que resolver problemas matemáticos resulte divertido. 

Agradecemos ao alumnado a súa participación, así como a implicación do profesorado de Matemáticas Iria Trebolle, Néstor López, Emilio Sotelo e Roberto Pérez, tanto na preparación do alumnado como na organización da proba.