2º de ESO visita o mosteiro de Samos e a cidade de Lugo

O día 25 de maio o alumnado de relixión de 2º ESO disfrutou dunhna saída a Samos e a  Lugo, acompañados polas súas profesoras Ángeles Vázquez e Nuria Mariño.  A primeira parada foi en Samos, onde tiveron unha visita guiada polo Mosteiro para ver o monumento ao P. Feijoo, o claustro gótico ou das Nereidas, as pinturas murais e a igrexa monacal da Abadía. É o mosteiro habitado máis antigo de Galicia, situado no camino de Santiago. 

 

Tras esta visita foron ata Lugo, onde tras un pequeño refrixerio deron unha volta completa á muralla romana, subindo pola porta de San Pedro, lugar de entrada dos peregrinos á cidade ao vir polo camiño Primitivo. 

 

Para recuperar forzas trala camiñata visitaron un centro comercial onde xantaron e deron unha volta polas tendas. 

Pola tarde foron visitar a Catedral de Lugo, Patrimonio da Humanidade xunto coa  muralla, onde viron o claustro recén restaurado e unha exposición sobre Semana Santa; logo dentro foron vendo as distintas capelas, o altar Maior ,observando os distintos estilos que conforman a catedral, románico, barroco e neoclásico, e por último o museo catedralicio, que conserva pezas da Ribeira Sacra como o Crismón de Quiroga. Terminada a visita emprenderon viaxe de volta a  Monforte, tras pasar unha xornada cultural e lúdica.