CS Guía, información e asistencia turísticas. Visita territorio do Xeoparque do Courel

O alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas acompañado da súa docente Sol Gonzálezcomezamos as saídas do curso 2023/24 cun percorrido o 19 de setembro por parte do territorio do Xeoparque do Courel; visitamos Montefurado, o CIMAR e a igrexa de San Salvador de O Hospital. 

En Montefurado vimos a aldea, o túnel perforado polos romanos para aproveitar o ouro que traía o río Sil e a igrexa barroca de San Miguel.  Visita, esta última, guiada por Marisol Tomé -exalumna do Ciclo e guía oficial-. 

Roberto Castro, tenente de alcalde do Concello de Ribas de Sil, foi o encargado de mostrarnos o último museo do Xeoparque Mundial da Unesco “Montañas do Courel”, o CIMAR -Centro de Interpretación da Minería Aurífera Romana-. 

Rematamos a saída coa visita guiada a unha igrexa que estivo ligada ao hospital medieval de pobres e peregrinos fundado pola Orde de San Xoán de Xerusalén na zona,San Salvador de Hospital. De novo foi Marisol Tomé, con gran profesionalidade,  a responsable de mostrarnos o edificio e algunas pezas de destacado interese como o retablo maior barroco, a pía bautismal,  a escultura de San Bartolomé Vello,…