GuIAsTu (adultos)

Este ciclo superior, da rama de Hostalería e turismo, ofrecémolo en réxime de adultos, é dicir, modular. Isto permite non só que o alumnado poida formalizar a matrícula por materias soltas, senón que, unha vez aprobado un determinado módulo profesional, este poida serlle certificado e acreditado.

A distribución que temos dos módulos é a seguinte:

- Próximo curso 2023-2024:

-Curso 2024-25:

Márketing turístico ZMPO173

Segunda lingua estranxeira (Francés) ZMPO180

Destinos turísticos ZMPO383

Recursos turísticos ZMPO384

Servizos de información turística ZMPO385

 

 

Estrutura do mercado turístico ZMPO171

Lingua estranxeira Inglés ZMPO179

Formación e orientación laboral ZMPO389

Protocolo e relacións públicas ZMPO172

Procesos de guía e asistencia turísticas ZMPO386

Deseño de produtos turísticos ZMPO387

Empresa e iniciativa emprendedora ZMPO390

A carga horaria é de 30 sesións  semanais de 50 minutos, en cada un dos cursos, de setembro a xuño.

Nos módulos Proxecto de guía de información e asistencia turísticas (26 horas) ZMPO388 e FCT (384 horas) ZMPO391 é posible a matrícula todos os anos, para cursalos no primeiro trimestre do curso, sempre que se teñan superados o resto dos módulos profesionais do ciclo. Poderase adinatar a FCT ao verán, pero a avaliación definitiva será obrigatoriamente en decembro.

Dos documentos que se enlazan, un contén o curriculo de GUIASTU e o outro a instancia para a inscrición que podes baixar (é un pdf editable), cubrilo e envialo ao centro por correo electrónico coa documentación requirida.

Currículo do CS Guia de informacion asistencia turisticas.

Modelo Inscrición_cs_adultos.

ADMISIÓN CURSO 23/24

Presentación da solicitude

Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

No caso de se detectar erros na instancia validada, e só durante o prazo de presentación de solicitudes, poderán xerarse e validarse outra/s solicitude/s de admisión. Só se considerarán os datos da derradeira solicitude validada. Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes.

Adxudicación de praza

As prazas adxudicadas publícanse nas listaxes de adxudicación. As persoas con praza adxudicada poden:

-Matricularse: no centro adxudicado e nos prazos establecidos. Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática. Quedará en lista de espera dos módulos do ciclo no que se matricule e que non foran adxudicados. Estar matriculado en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada de FP dual ou dun curso de especialización de FP implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.

- Non matricularse: seguirase no proceso de adxudicación para os módulos nos que estea en espera.

Tamén podedes consultar o seguinte arquivo Instruccións xerais para o curso 23/24.