Xustificante de Faltas de Asistencia

Para xustificar as faltas do alumnado pódese utlilizar este documento oficial do instituto. Poñémolo a disposición das familias para que o usen en caso de que o necesiten.

É importante que o titor ou titora do grupo reciba o antes posible este documento, para que poida coñecer o motivo da falta e proceda a introducir a xustificación da mesma na aplicación informática coa que se controla a asistencia dos estudantes. 

A prevención e o control do absentismo escolar inxustificado son obxectivos prioritarios da acción titorial.