Alumnado do CS de Turismo descubrindo a cultura emprendedora

O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas do IES Río Cabe recibiron o luns, 30 de novembro, a Rodolfo Ojea e Paula Tenreiro, xerente e consultora respectivamente da Fundación da Confederación de Empresarios de Lugo -CEL-. A Xornada organizada pola Fundación tiña como misión a sensibilización, motivación e difusión da cultura emprendedora entre o alumnado de Turismo. Paula Tenreiro baseou a súa exposición en dar respostas ás seguintes cuestións: Que precisamos para emprender?, Onde buscar ideas?, Como evaluar unha idea? Rodolfo Ojea destacou o papel da CEL no apoio á creación de empresas e ao emprendedor con programas tan interesantes como o viveiro de empresas. Para finalizar, o alumnado puido coñecer de primeira man a experiencia da posta en marcha dunha empresa de venda de cruceros online, Miramar Cruises, con sede en Lugo, no viveiro da Fundación CEL. A súa xefa de comunicación, Isabel Chousa, despediu a exposición compartindo cos futuros emprendedores a súa fórmula máxica para alcanzar o éxito: Traballo + Formación continua + Unha boa idea + Sector permeable á innovación + Apoio institucional.