Xornadas para o desenvolvemento de produtos turísticos

O alumnado do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia Turísticas asistiu os días 30 de novembro e 1 de decembro a unhas xornadas, organizadas polo profesor da materia de "Marketing Turístico", sobre a análise e estratexias para o desenvolvemento de produtos turísticos.

A primeira delas foi impartida por Aida Menéndez Lorenzo, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e a temática da mesma foi o estudo sobre o camiño de inverno como vía de peregrinación a Santiago de Compostela, as oportunidades e os retos que isto representa.

A segunda charla foi impartida por Xesús Verao Pérez, Vocal que foi do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e os contidos da mesma versaron sobre a denominación de orixe Ribeira Sacra, o territorio, a paisaxe e a economía ante a declaración de patrimonio da humanidade.