Vales de material 23/24

Están dispoñibles os VALES para adquirir MATERIAL ESCOLAR para o vindeiro curso 2023-2024. A partir da semana que vén, o alumnado solicitante destas axudas que se matriculou no período ordinario (xuño-xullo) pode recoller os vales na conserxería do centro de 9:30 a 14:30 horas.

Recoméndase chamar antes ao centro para consultar o estado da solicitude.