Proxecto Ríos 2018

Como en cursos anteriores o IES San Rosendo participou no Proxecto Ríos, programa para o estudo do estado ecolóxico dos ríos organizado pola asociación ecoloxista ADEGA, e que se atopa dentro do Plan Proxecta.

Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 2º e 3º PMAR e aos de Ciencias aplicadas de 4º da ESO ser os inspectores. Coma sempre o río estudado foi o Valiñadares en 2 puntos próximos a Mondoñedo.

Na campaña de outono visitamos o punto da Pousada e o da ponte do Pasatempo, e en maio decidimos cambiar a ponte do Pasatempo por un punto situado augas arriba, coa intención de estudar un punto con menor impacto, e un mellor bosque de ribeira.

Os resultados están sendo analizados polo alumnado de ciencias aplicadas que en breve teñen que entregar os seus informes onde aportaran datos hidromorfolóxicos, de parámetros físico químicos, así como utilizaran o bosque de ribeira e o estudo de macroinvertebrados para a aplicación de bioíndices que nos mostren a calidade das augas do Valiñadares.