Complementarias

Viaxe a Asturias dos Alumnos de Bacharelato

O martes 19 de novembro os alumnos de 1º e 2º de BAC achegáronse ao festival de cine de Xixón para ver a película Port Authority. Despois desprazáronse a Oviedo para visitar as igrexas máis representativas da arte do prerrománico asturiano.

Plan Proxecta: Programa Naturézate 2019

PLAN PROXECTA: PROGRAMA NATURÉZATE


Outro ano máis o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato do IES San Rosendo participou dentro do Plan Proxecta no seu programa Naturézate.

 

Na actividade "Voando no inverno", o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía realizou un roteiro ornitolóxico pola costa de Ribadeo (ZEC As Catedrais) e a Ría de Ribadeo (ZEC Río Eo, humidal protexido e zona RAMSAR).

 

Con binoculares, telescopios terrestres e guías de campo, durante a mañá e parte da tarde os rapaces e rapazas lograron observar bos números de anátidas (patos rabudos, asubiadores, cercetas…) aínda que lonxe das cifras de décadas pasadas.


Outras aves, pola contra, tórnanse cada vez máis numerosas no esteiro. Así, puidemos gozar da presenza dos cullereiros, aguias peixeiras, mergullóns de pescozo negro e una boa variedade de limícolas.

O alumnado deseñou una ficha de rexistro para a recollida de información sobre os avistamentos, así coma un folleto informativo antes do roteiro para coñecer as principais especies.

 

Os estudantes enviaron os datos dos seus avistamentos a través da plataforma internacional eBird.

 

Apalpador 2017

Magosto 2017

Charla coloquio sobre o Parlamento de Galicia

   ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CHARLA-COLOQUIO SOBRE O PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Día: 20 de novembro

Hora:16:30 a 17:30

Lugar: Sala de Proxeccións

Para: Bacharelato

Organiza: Dpto. Xeografía e Historia

 

 

Os EX DEPUTADOS que asistirán ao IES San Rosendo de Mondoñedo son:

- María Enma Álvarez Chao (PPdeG)
- Ismael Rego Fernández (PSdeG-PSOE)
- Alberte Xullo Rodríguez Feixoo (BNG)

O Parlamento de Galicia oferta esta charla-coloquio dirixida ao alumnado de Bacharelato, dando así continuidade ao compromiso de achegamento á comunidade educativa e tendo como obxectivo que os estudantes coñezan de preto o traballo que se desenvolve nesta institución.

Para elo contan coa colaboración da Asociación de Ex Parlamentarios/as, quen se encarga de que exdeputados/as das distintas forzas políticas galegas se despracen ata o centro de ensino para impartir a charla e dar resposta ás cuestión plantexadas polo estudantado no coloquio posterior.

Distribuir contido