Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Bolsas Eurolingua

Bolsas Eurolingua para a realización de cursos de Inglés en Irlanda -->  Becas Eurolingua.

  • Dúas semanas durante o verán,
  • Programa de inmersión todo incluído
  • Dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.

 

Bolsas a estudantes de niveis post-obrigatorios

Prazo de solicitude

Entre o 19 de marzo de 2024  e o 10 de maio de 2024 ás 15:00 h.

Convocatoria

A través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes; autentificación por dúas vías.

  • Mediante usuario (DNI o NIE) e contrasinal establecida polo/a usuario/a no momento de rexistrarse. 
  • Mediante certificado electrónico - Cl@ve. 

Máis información

2024-2025 ☞ Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros educativos sostidos con fondos públicos + Oferta de vacantes

Achéganse documentos que detallan o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes para o próximo curso e a oferta de vacantes para o curso 2024-2025

Normativa de aplicación

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.pdf

 ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero , y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_es.html

Falemos da ABAU

Co fin de informar sobre as probas ABAU e o proceso de admisión para o curso académico 24/25, achegámoslle uns videos curtos "Falemos da ABAU", creados pola Universidade de A Coruña, que esperemos que sexan de utilidade para o alumnado.

Visita guiada para o alumnado de 2º de bacharelato ao campus da Universidade de Vigo

O Departamento de Orientación e a Vicedirección coordinaron a visita guiada para o alumnado de 2ºBAC ao campus da Universidade de Vigo. 114 alumnos/as percorrieron ás instalacións e seguiron as explicacións polos distintos itinerarios tecnolóxico, científico, humanístico e xurídico e económico.Ver fotos.

Relación de alumnado de 1º de bacharelato proposto polo centro como candidato para participar no proceso de selección das bolsas "Europa Santander"

En reunión de Consello Escolar celebrada o 26 de febreiro de 2024 definíronse os criterios para a selección de alumnado proposto polo IES San Tomé de Freixeiro para optar ás bolsas Europa Santander.

Estes criterios son:

  1. Selección de alumnado a considerar: Alumnado con cualificación media superior a 9 en ESO --> 15 alumnos/as cumpren este criterio.
  2. Orde deste alumnado seleccionado: Cualificación media no primeiro trimestre de 1º Bacharelato --> 3 alumnos seleccionados/propostos e 12 alumnos/as suplentes.

A listaxe que relaciona o alumnado seleccionado/proposto e o alumnado suplente atópase publicada no vestíbulo do centro

Entroido no San Tomé

Este ano cunha temática medieval pero cun entorno de comparsas e disfraces moi variados celebramos o noso Entroido. Malia a metoeroloxía desfavorable que non impediu desfilar nos patios, a festa foi aclamada por toda a corte. Preme no enlace para ver as fotos.

Teatro en Inglés

O pasado 31 de Xaneiro estivo no noso centro a compañía británica English Theater Company, representando a obra Digital Twin. Eiquí tendes o enlace para ver algunhas imaxes.