Skip to Content

Actividades

Semana da Ciencia

Pitágoras, descubre a clave, por que flota un ovo podre?, por que non debemos lavar os ovos?, teñen vida os ósos?, sabes o que comes?, gaiola de Faradai (o seu emprego para a inhibición do son dun móbil), medimos o grosor dunha botella de vidro, como se orixina a indución electromagnética, o ovo saltarín, cambio de cores (reacción redox) cun chupa-chups...

Durante unha semana o alumnado achegouse á Ciencia desde outro punto de vista.

Álbum: Matemáticas -> Semana da Ciencia 2023

Olimpíada Matemática

Estela Fonteboa Pernas de 2º de ESO pasou  á fase final galega da Olimpíada Matemática. Felicidades a ela e a todas/os participantes.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

STAT WARS. A rebelión dos datos.

O alumnado de 3° e 4°de ESO rebelouse contra os datos ao participar nun obradoiro de estatística, no que se decataron de que o seu coñecemento os ía axudar a medrar como persoas máis críticas e que, tamén se trataba dunha ferramenta imprescindible para afrontar os retos que se nos presentan no día a día.
Álbum: Matemáticas -> STAT WARS. A rebelión dos datos. 2023

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A alumna do IES Sanxillao Gaia Zordán Guereiro, finalista da Olimpíada Matemática 2021, participou na conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Xornada que compartiu con investigadoras de eidos como a bioloxía, a astrofísica ou a nanooncoloxía.

Olimpíada Matemática 2022

Pablo Engroba López-Boado e Antón Avilés López de 2º ESO clasificáronse para a fase final galega que se celebrará o Xoves 26 de maio. Felicidades a Pablo, Antón e a todos os compañeiros e compañeiras participantes. Sorte!

Olimpíada Matemática. Edición 2022

Diego Rodríguez Fuentesn Nair Val García, Lucas Cedrón Pérez, Alejandro Franco Losada, Antón Avilés López, Pablo Engroba López-Boado, Mesfin Sánchez Peña, Bruno Magdalena Rodríguez

 
Alumnado de 2º ESO participou na fase de zona da Olimpíada Matemática. Nesta proba tiveron que resolver cinco problemas nos que se valorará principalmente o método de resolución empregado, a súa orixinalidade,... por enriba da mera solución. Á espera dos resutados FELICIDADES polo seu esforzo e interese .  

I premio ESOPÍAS 2021/22

   

Hoxe fixemos entrega dos I premios de ESOPÍAS que convoca o departamento de Matemáticas para celebrar o Día Internacional de π.

1º premio 1º-2º ESO- FPB: Mesfin Sánchez Peña, 2º Premio Lúa Candia Seijas

1º premio 3º-4º ESO: Elba Penas Goy, 2º premio Sergio González López 

 

1º concurso de ESOPÍAS. IES Sanxillao 2021/22

 

1º Concurso de ESOPÍAS - IES Sanxillao 2021/22

Para conmemorar o día internacioal do nº PI (mes 3, día 14) convocamos o 1º concurso de ESOPÍAS

Esopía: relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (chío), onde cada palabra leva un número de letras (non está permitido o uso de cifras) igual ás sucesivas cifras do número π

Bases

Plantilla- guía para elaborar unha ESOPÍA (non é obrigatorio o seu uso)

Distribuir contido


by Dr. Radut