You are hereGalego / Actividades

Actividades


NÓS TAMÉN CONTRA OS INCENDIOS E O CAMBIO CLIMÁTICO

Tras a tráxica fin de semana durante a cal Galicia se viu arrasada polos incendios, desenvolveremos nas aulas unha serie de actividades de concienciación: análise de danos, reflexións sobre o que se fixo mal e o que propoñemos para o futuro. Na biblioteca recolleremos as novas de prensa que se referían a este tema  e participamos en dous  faladoiros sobre este tema.

A participación foi numerosa e o alumnado fixo interesantes reflexións e achegaron ideas para N0VOS CAMIÑOS DE FUTURO NESTE TEMA

No taboleiro de Camiños de vida escribiremos citas relacionadas co tema.

A TERRA NON É UNHA HERDANZA DOS NOSOS PAIS, SENÓN UN PRÉSTAMO DOS NOSOS FILLOS.     

SAÍDA CULTURAL AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E Á BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL

O pasado 11 de outubro os alumnos de 1º de ESO acudiron, ao que se está a converter nunha visita tradicional, á Biblioteca Municipal da Praza de España  e ao Museo Galego de Historia Natural. As dúas visitas guiadas  e , agardemos, moi proveitosas.

 

 

Roteiro San Felipe 2º ESO

Os alumnos de 2º de ESO realizaron un roteiro entre os castelos de San Felipe e San Cristovo,  no que ademais de gozar dunha  fermosa xornada na natureza e cun tempo estupendo, aprenderon sobre a súa contorna artística e cultural  e ecolóxica,   e se  puxeron  en forma cuns quilómetros de camiñada.

O alumnado realizou interesantes  presentacións e reportaxes sobre  o roteiro

 

ALGÚNS CAMIÑOS REMATAN CUN PREMIO AO FINAL. ESTES SON OS NOSOS GAÑADORES DOS DISTINTOS CERTAMES

  • Litelingua: Equipo de1º ESO A: Mapala estrelas , integrado por Carme Mª, Paula e Laura coordinados por Ariadna  de 2º C
  • Premios  do Certame de Artigos de opinión Nós tamén á marxe,  co que fixemos unha fermosa homenaxe a  Carlos Casares

 Alumnas premiadas: Enma Vázquez e Carme Fuentes.

  • Premios aos grupos gañadores dos Camiños matemáticos
  •  Premio  ás mellores fotografía do Certame fotográfico Camiños

 Alba González de 4º ESO

 Cristian Martínez do Ciclo formativo

 

VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.

O día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e  da súa experiencia ao escribilo.

 

Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas. 

VISITA DA ESCRITORA MARÍA CANOSA. Camiñamos polos libros.

 día 9 de xuño a escritora María Canosa compartiu cos alumnos de 1º de ESO o seu libro O neno inverno. Tras unha pesentación realizada polos propios alumnos, María falou da fermosa historia que se conta no libro e  da súa experiencia ao escribilo. 

Rematou asinando os libros dos alumnos e alumnas.

 

Club de lectura sobre O principiño de Antoine de Saint- Exupérie

 

O pasado martes, 30 de maio,realizaronse na Biblioteca dúas sesións do Club de lectura sobre O Principiño. A primeira estivo destinada aos alumnos de 1º de BAC e a segunda aos de 1º de ESO.

Puxéronse en común opinións e interpretacións sobre os personaxes e o sentido deste marabilloso libro, que dá xogo con alumnos e alumnas de todas as idades.

 

Saída a Lugo e Outeiro de Rei

Dentro do proxecto Camiños, os alumnos de 1º de ESO realizaron unha viaxe a Outeiro de Rei  para visitar a Casa Museo de Manuel María e comer e descansar na fermosa Carballeira de Santa Isabel.  Pola tarde  viaxaron   ata Lugo para percorrer  a cidade e facer unha andaina arredor da muralla. Foi un día estupendo,  e  os rapaces e rapazas e tamén os profesores/as  o pasamos  moi ben. 

 

Celebración das Letras Galegas

Con motivo da celebración das Letras Galegas  realizamos no instituto numerosas actividades   destinadas aos diferentes cursos.

Certame de artigos de opinión para todos os niveis.

Certame de fotografía: Camiños, para todos os niveis

LITELINGUA:  xogo de pistas dirixido aos alumnos de 1º de ESO, coordinados por alumnos de   segundo de ESO.

Proxección na biblioteca dunha reportaxe sobre a figura de Carlos Casares

Faladoiro sobre o filme e o significado das Letras Galegas.

Con pedras, palabras, pintura e creatividade os alumnos de 1º ESO fixeron un traballo plástico co nome de Carlos Casares. 

Entrega de premios do Certame Literario Carmela Loureiro.

O día 13 de maio tivo lugar no Centro Cultural  Torrente Ballester a entrega de premios do certame Carmela Loureiro. O noso instituto foi moi afortunado, porque foron tres alumnas   As  que recolleron un premio: Paula  Soto de 2º de ESO, Laura Suarez 4º ESO e Seda   Nikoghosyan  de 2º de BAC

Parabéns  ás  gañadoras.