You are hereGalego / Actividades

Actividades


CAMIÑOS DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ ENTRE A MOCIDADE FORO DA MOCIDADE

Encontro e acto de clausura das Xornadas de Participación Cidadá dirixidas ao alumnado de 1º de Bacharelato que se desenvolveron entre outubro e decembro. Estiveron presentes o alcalde, o concelleiro de Participación Cidadá e a concelleira de Muller e Igualdade que, tras agradecer o interese e implicación dos participantes, salientaron a oportunidade de dispor dunha plataforma que permita visualizar os desexos e inquedanzas da mocidade ferrolá. 

Faladoiro sobre os deberes

O faladoiro centrouse nun construtivo debate arredor dos denominados “deberes escolares”. Foron moitas e diversas as reflexións que achegaron os participantes.

Camiños de loita e liberdade

Os alumnos de 1º de ESO, dirixidos por Elisa, a profesora de Valores Éticos,  en colaboración con Dinamización, Biblioteca e Vicedirección,   realizou no Instituto unha actividade para denunciar a violencia contra as mulleres. A través de  materiais reciclados, realizouse un muro simbólico no que figuraban os nomes das últimas  mulleres mortas por violencia de xénero. Á montaxe do muro seguiu a lectura dun manifesto para denunciar a violencia e pedir para as mulleres camiños de liberdade. Estupendo o traballo dos rapaces e rapazas e do profesoraso que coordinou. 

Pleno estudiantil sobre a Violencia de Xénero

O venres  25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, os alumnos de 3º de ESO acudiron ao Teatro Jofre para participar nun Pleno estudiantil que organizou  o Concello de Ferrol. Posteriormente colaboraron  na plantación de rosas polas vítimas, no Parque Raíña Sofía. 

Parabéns  ao excelente equipo que nos representou. 

Faladoiro sobre a violencia de xénero no 2º recreo do 23 de novembro

Cada vez son máis as rapazas e rapaces que se animan no recreo a achegarse á biblioteca,  e participar nos faladoiros. Nesta ocasión reflexionamos sobre os malos tratos ás mulleres a  través de numerosas noticias de prensa,  e  a unanimidade foi total na idea de que entre todos temos que rematar  con esta horrible lacra social.

25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da   Violencia contra a Muller.

Reunión do clube de lectura sobre o libro O ferreiro da lúa chea

O martes día 22 de novembro tivo lugar na Biblioteca unha nova sesión do Club de  lectura sobre o libro O ferreiro da lúa chea de Mª Isabel Molina. Participaron os alumnos de 1º de ESO  e algúns profesores. A sesión estivo moi animada e transportounos ao Camiño de Santiago na Idade Media.  Repetiremos , porque os libros abren camiños,  e máis cando se comparten.

Faladoiros na Biblioteca

O mércores día 9 de novembro, no segundo recreo,  tivo lugar o primeiro faladoiro na Bibioteca do Centro para comentar a tema dos botellóns, a raíz da morte  dunha nena de doce anos por mor dun coma etílico.

 A través das novas de prensa, os alumnos e alumnas debateron sobre o tema con moita madurez,   comentaron os titulares de diferentes xornais  e falaron da realidade que os rodea con respecto a este tema.

 

A experiencia foi un éxito e todos queren repetila!

Recitado Poético Carvalho Calero

O xoves, día 27 de outubro, os alumnos de 2º de ESO acudiron  ao Centro Cultural Carvalho Calero  para participar no tradicional recitado poético Carvalho Calero, xunto con alumnos e alumnas doutros institutos de Ferrol .

 

 Ángel, Artai, Ariadna, Brais, Candela, Iago, Laura, María, Pablo, Paula, Roberto, Sabela e Xavier  recitaron fermosos  poemas relacionados co noso Proxecto Camiños, acompañados con música de frauta traveseira, saxo e guitarra,  que eles mesmos interpretaron,  e   con suxerentes imaxes alusivas aos poemas.  O resultado foi emocionante e a experiencia, estupenda. 

 

PROGRAMA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os alumnos  de 1º de BACH  están a participar   nesta  primeira experiencia piloto que organiza  a  Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, con ela quérese favorecer a promoción e adquisición de valores e habilidades de participación mediante unha experiencia real  entre o sector  da pobación máis nova.