You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil

Información Xuvenil


Información para o alumnado en temas do seu interese

Portal Somos cinema de RTVE

http://xuventude.xunta.es/media/k2/items/cache/e09a65d66360970688bf8fe6f751e530_XL.jpg

RTVE Dixital lanza o portal ‘Somos cinema’ no que podedes ver gratuitamente máis de 60 das mellores películas do cinema español recente. Cintas como ‘Campións’, ‘Julieta’, ‘O autor’ ou ‘Ninguén quere a noite’ están xa á vosa disposición.

Ao longo do mes de abril o catálogo ampliarase con películas de directores e actores consagrados do noso país, as máis premiadas nos últimos anos e algunhas das máis taquilleras, como ‘A chamada’.

Recomendables e divertidas:

Campións: Un adestrador de baloncesto é condenado a adestrar a un grupo de mozos discapacitados intelectuais. O que comeza sendo un traballo forzado, acaba axudándolle a saír da súa crise existencial.

Vivir é fácil cos ollos pechados: nos anos 60 un profe de inglés viaxa a Almería para coñecer a John Lennon e aclarar as letras das súas cancións, xa que as usas para impartir clases.

https://www.rtve.es/television/somos-cine/ 

Cómics...

Cómics...

Aira Editorial liberou en pdf o seu último lanzamento no campo da novena arte. Carriandola, asinada por Eloysius e Simón Blanco, narra as aventuras da nena Mariña nun ano 2020 alternativo con toques apocalípticos.

carriandola    

  Carriandola  

 

 

 

 

O guionista David Braña compilou e lanzou na rede un documento con cen páxinas de historias curtas que realizou para diferentes publicacións. Co título Historietas para el confinamiento a publicación pretende contribuír a pasar este período de feche no fogar.

davidabraña

 

 Historietas para el confinamiento

 

Como continuará o curso en formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial?

Como continuará o curso en formación profesional e nas ensinanzas de réxime especial?

Como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, a Consellería de Educación publica instruccións de como se desenvolverá o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) dos ciclos formativos, a formación práctica de ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas artísticas superiores, a formación profesional dual e as ensinanzas deportivas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30894 

Como continuará este curso...

Como continuará este curso...

A Consellería de Educación publica orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Convertemos palabras en apertas

Convertemos palabras en apertas

O grupo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol convidannos a participar na seguinte actividade:

"As persoas maiores son o grupo máis vulnerable ao virus COVID-19. Como o resto de cidadanía, están a gardar corentena: algunhas nos seus domicilios e outras en residencias. Malia que non todas as persoas viven o illamento da mesma maneira, hai quen non conta cunha rede de apoio que poida coidalas, aínda que sexa na distancia.

Os correspondentes, co noso espírito de voluntariado, propoñemos compartir palabras e agarimo contra a soidade. O contacto coa mocidade daralles ánimos para manter a súa moral elevada. A nós enriquecerannos coa súa experiencia e tamén nos permitirán sentirnos mellor.

Viaxes solidarias e campamentos "viejoven" Semana Santa e verán 2020

Viaxes solidarias e campamentos "viejoven" Semana Santa e verán 2020

O Punto de Información Xuvenil Vento Norte Sur de Murcia organiza viaxes solidarias e campamentos "viejoven" Semana Santa e verán 2020

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

A Consellería de Educación convoca probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional.

Gústache ler?

Gústache ler?

Co teu carné xove tes descontos en moitas librarías de Galicia.

Busca a libraría máis próxima:
http://xuventude.xunta.es/images/carneXove/guia/librarias_federación_galega_carné_xove.pdf

Libros que nos recomendaron os Correspondentes Xuvenís ao longo de varios cursos: http://xuventude.xunta.es/images/CORRESPONDENTES/libros2020.pdf

Si tes algunha suxestión de lectura podedes enviala a través do cantacto da nosa web e incluirémola na listaxe de libros: http://xuventude.xunta.es/contacto

Elixe Galicia, estadías de ocio para a mocidade

Elixe Galicia, estadías de ocio para a mocidade

A Axencia Turismo de Galicia convoca o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores.

O programa Elixe Galicia, contará con catro modalidades de viaxes:

1. Vacacións en zonas costeiras, esta modalidade terá unha duración de 5 días (4 noites) en réxime de pensión completa. Inclúese o xantar día de chegada e día de saída, aloxamento en hoteis de tres estrelas ou superior situados en localidades costeiras. Mínimo de tres visitas ou actividades de medio día adaptadas ao grupo destinatario durante a súa estancia e inclúe o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol.

2. Rutas de Patrimonio Histórico e Cultural, modalidade que terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa e preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superior situados en poboacións que permitan a xestión dun programa adecuado para as visitas programadas.
Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante durante todo o circuíto.
Inclúe visitas culturais con relevancia histórico-artística e como mínimo unha actividade ou visita diaria sen custo adicional para o usuario e tamén o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol e os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

3. Rutas de natureza e montaña terá unha duración tres días (dúas noites), en réxime de pensión completa, preferiblemente os fins de semana para os colectivos de mozos e familias.
O aloxamento será en hoteis de dúas estrelas ou superiores ou aloxamentos rurais de categoría similar.
Esta modalidade contará con servizos de guía acompañante especializado durante todo o circuíto.
Dúas excursións ou actividades de sendeirismo e/ou turismo activo na totalidade da estancia e inclúe tanto o transporte desde as catro capitais das provincias galegas, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol, como os desprazamentos que deban producirse durante os días que dura a viaxe.

4. Estadías en Balnearios terá unha duración 5 días (4 noites), en réxime de pensión completa. Aloxamentos en hoteis de dúas estrelas ou superior situados na Comunidade Autónoma de Galicia a unha distancia non superior a 20 km do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.

Requisitos das persoas beneficiarias:
a) Estar empadroado en algún dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia con unha antigüidade mínima de dos anos anteriores.
b) Solicitar praza para destinos distintos a súa provincia de residencia, salvo que non exista oferta nesa provincia.
c) Poder valerse por si mesmos para realizar as actividades básicas da vida diaria, coa excepción das persoas con discapacidade nas condicións especificadas para cada colectivo.
d) Efectuar o pago do prezo estipulado.

Mozos/as menores de 30 anos:
As solicitudes para este colectivo poderán ser individuais ou colectivas no caso de que se unan ata 4 solicitudes. Os/as mozos/as que se presenten como grupo nunha mesma solicitude deberán reunir os requisitos establecidos nas presentes bases para participar nos programas.

Do total das prazas destinadas ao colectivo de mozos/as destinarase un 10 % a persoas con discapacidade, en grado igual ou superior ao 33 % que poderán ir acompañados/as doutro mozo/a menor de 30 anos que se aloxe na mesma habitación e a atención requirida na estancia poida ser dispensada polo acompañante a cuxo cargo viaxan.

Neste caso, na solicitude que se presente deberá indicarse, no seu caso, se a participación no programa será só para o solicitante, ou se se inclúe á persoa acompañante, que terá a condición de beneficiario/a.

Datas:  O programa desenvolverase por quendas ou turnos que agrupen ás persoas beneficiarias por modalidade, colectivo e tempada. As quendas iniciaranse en marzo-abril de 2020 e finalizarán en decembro de 2021.

Para o ano 2020:
- Tempada baixa: do 1 de novembro a 17 de decembro.
- Tempada media: do 28 de marzo a 30 de abril.
- Tempada alta: do 1 de maio a 20 de xuño e do 11 de setembro a 15 de outubro.

Para o ano 2021:
- Tempada baixa: do 26 de xaneiro a 27 de marzo e do 16 de outubro a 10 de decembro.
- Tempada media: do 29 de marzo a 30 de abril.
- Tempada alta: do 1 de maio a 20 de xuño e do 11 de setembro a 15 de outubro.

Prezos:prezosturismo

 

Os prazos de presentación de solicitudes serán:
- Para a tempada do ano 2020 o prazo estará aberto ata o 3 de marzo de 2020.
- Para a tempada do ano 2021, o prazo de presentación de solicitudes será do 1 de setembro ao 30 de setembro de 2020.

Os solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento TU404B
Máis información no DOG do 3 de febreiro de 2020 e en https://www.turismo.gal