You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil

Información Xuvenil


Información para o alumnado en temas do seu interese

Feira de estudos e carreiras da UE de Político/a

A Feira de Estudos e Carreiras da UE de Político/a é o lugar de encontro anual que reúne a universidades e organizacións do mundo  con estudantes e mozos/as profesionais que buscan un futuro en asuntos da UE, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas, Negocios, Economía, Políticas Públicas, Asuntos Públicos e Lei .

Datas da Abau 2021

Na web da Comisión interuniversitaria de Galicia, CIUG, xa están publicadas as datas provisionais da ABUA de 2021:

Convocatoria ordinaria: 8, 9 e 10 xuño
Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 xullo

Máis información sobre as convocatorias e modelos de exames: https://ciug.gal/gal/home

Vive a diversidade, vive a inclusión. Educa en positivo

A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB) organizan as X Xornadas Estatais de Educación como espazo de encontro entre profesionais, persoas interesadas, asociacións e institucións que buscan conseguir a inclusión e o respecto á diversidade (corpos, identidades de xénero, expresións de xénero e orientacións sexuais) tanto a nivel legal como real no mundo educativo.

Como afectou a crise do coronavirus nas actitudes e formas de vida da xente nova?

O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Xuventude publica "De puertas adentro y de pantallas afuera. Jóvenes en confinamiento"

The conversation

A Universidade de Santiago adheriuse á plataforma The Conversation, plataforma de divulgación do coñecemento, que conta na súa base de datos con 113.900 autores procedentes de 3.713 universidades e centros de investigación internacionais.

Coñecendo as nosas deportistas

Coñecendo as nosas deportistas é un proxecto da Secretaría Xeral da Igualdade, que pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Recursos didácticos online sobre o proceso cinematográfico

A Asociación cultural Olloboi, pon á vosa disposición os seguintes recursos educativos en galego:

  • Montaxe dunha curta: presentación para aprender paso a paso a editar con Corel Video Studio (30 días gratis), Premiere Clips (para móbil, gratuíta), PiTiVi (para Linux).
  • Charlas e actividades Aprendo con Olloboi para aprender sobre cine da man de cineastas e películas galegas. Un capítulo adicado a cada área da produción: guión, son, fotografía, edición… cunha breve clase online, impartida por artistas, e logo actividades en galego, para afondar. Interesante charla entre Sandra Sánchez e Jorge Coira.

Poden servos útiles tamén os enlaces da canle educativa Educlip, a páxina de realizadores/as de Galicia CREA ou a de Novo Cinema Galego.

https://es-es.facebook.com/olloboi/

Corren tempos inauditos: narrémolos coa nosa mirada e así construiremos colectivamente o relato do que pasou. Está nas nosas mans que froito desta crise se reforcen ou deterioren os lazos sociais, e nós apostamos por facelos máis sólidos, fermosos e solidarios que nunca. O cine pode ser a ferramenta.

Gala final de Xuventude Crea 2020

Podes disfrutar na nosa canle de youtube da gala final de Xuventude Crea 2020, con entrevistas aos mozos e mozas premiados/as, actuacións e entrega de premios. GALAFINAL2

 

Gala final na canle de youtube de Xuventude: https://www.youtube.com/watch?v=2H1gnNUPbbw

Axudas a vítimas da violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca as seguintes axudas:
- Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

Axudas contra a violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca a seguintes axudas en materia de violencia de xénero