You are hereCorrespondentes Xuvenís / Información Xuvenil

Información Xuvenil


Información para o alumnado en temas do seu interese

CORRESPONDENTES XUVENÍS. INFORMACIÓN 10

 

xuventude.xunta.es
Gaña 10 bonos de 30€ cada un para gastar en albergues de @albergues.reaj! Queremos saber para que usas o Carné Xove e que llo recomendes ás tu...

 

xuventude.xunta.es
TELÉFONO DA MULLER: 900 400 273 As 24 horas do día. NON deixa rastro na factura Teléfono para toda España 016&nb...

CORRESPONDENTES XUVENÍS. INFORMACIÓN 9

xuventude.xunta.es
A Consellería de Educación actividades de formación en linguas estranxeiras, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos...
xuventude.xunta.es
As accións que se desenvolven no marco do programa Erasmus+ divídense, pola súa forma de xestión, en:1. Accións cen...

CORRESPONDENTES XUVENÍS. INFORMACIÓN 8

Carné Xove: melloras na páxina web bus.gal

A páxina web bus.gal vén de mellorar o buscador para facilitar a planificación  da túa viaxe en autobús. Nesta páxina dispós de información actualizada dos servizos de transporte vixentes en cada momento, así como dos descontos que se ofrecen nalgunhas liñas por ser titular do Carné Xove.

 

Tamén podes consultar no seguinte enlace as entidades adheridas, as liñas de transporte e os descontos e condicións aplicables para as persoas titulares do Carné Xove.

http://xuventude.xunta.es/images/carneXove/guia/Transporte_por_Provincias_e_Alsa.pdf

Campamento Espacial Europeo

European Space Camp é un campamento de verán anual dunha semana de duración para mocidade de todo o mundo interesados ​​no espazo e a ciencia.

European Space Camp é unha organización independente sen fins de lucro que organiza un campamento de verán dunha semana para mozas de todo o mundo de entre 17 e 20 anos, onde os participantes aprenden sobre o espazo e a física dos foguetes, ademais de participar nunha campaña práctica de foguetes. A organización está formada por participantes anteriores, que traballan integramente de forma voluntaria como parte do Team Space Camp.

Requisitos:
Idade 17-20 anos. Nacidos entre o 1 de xaneiro de 2002 e o 31 de decembro de 2005 (sen excepcións!).
Interesado na ciencia.
Fluído en inglés. Todo o campamento se leva a cabo en inglés.

O campamento desenvolverase do 1 ao 7 de agosto de 2022 no Centro Espacial Andøya no norte de Noruega.

O prazo para solicitar a participación estará aberto ata o 15 de febreiro de 2022.

Solicitar unha praza en Campamento Espacial Europeo é equivalente a solicitar unha bolsa de participación. Dependendo da bolsa, é posible que o transporte ao campamento non estea cuberto, pero todos os demais custos si o están. Podes atopar máis información sobre as diferentes bolsas na pestana "Bolsa": https://spacecamp.no/apply/

Máis información en:
https://spacecamp.no/ 
contact@spacecamp.no

ABAU 2022

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) aprobou xa as datas para os exames de selectividade de 2022, que se desenvolverán en xuño. As datas escollidas son os días 7, 8 e 9, de martes a xoves; a tarde este último día se reserva para posibles incidencias.

Os resultados destas probas de acceso á universidade daranse a coñecer entre os días 14 e 15 de xuño, e a entrega efectiva dos exames efectuarase entre o 15 e o 16.

Para aqueles alumnos que teñan que ir á recuperación, a CIUG reservou xa datas no mes de xullo para esas probas. Serán entre o 12 e o 14, tamén de martes a xoves.

abaudatas22https://www.ciug.gal/gal/home

 

Galiciencia 2022

Os próximos días 11, 12 e 13 de maio terá lugar unha nova edición de Galiciencia, esta vez en modalidade en liña e presencial. Esta edición estará dedicada á “Economía Circular”.

Queres participar en Galiciencia?
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos de Secundaria, Bacharelato e FP terán que seleccionar como máximo dous proxectos para presentarse a Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarse á Galiciencia online.

A data para a presentación de proxectos é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo de 2022

Se queredes presentar o voso proxecto na Galiciencia presencial ou online 2022 só tendes que facer un equipo do que formen parte dous alumnos/as como máximo e un docente e contarnos a vosa idea a través dun vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración.
O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese. Unha vez gravado o vídeo tendes que subilo a YouTube e enviar o enlace a través do formulario de inscrición. A inscrición, vídeo e pdf deberán de realizarse en galego ou castelán.

Queres visitar Galiciencia?
O prazo de inscrición é do 18 de xaneiro ao 25 de marzo do 2022
Poderá visitar a Galiciencia 2022 calquera centro educativo de Galicia.
Os centros admitidos recibirán a confirmación da súa solicitude para facer a visita na segunda semana de abril a través do mesmo correo electrónico co que a tramitaron. A lista de admitidos será publicada nesta web de Galiciencia.

Criterios de valoración
Con todos os centros educativos anotados dentro do prazo farase unha selección para primaria e outra para secundaria nas que se valorará:
1.Que o colexio presente proxectos (primaria e/ou secundaria). Preferente.
2.Que sexa a primeira vez que veñen á Galiciencia.
3.Que participe nalgún dos concursos abertos para o público, (deseño logo camiseta para primaria ou fotografía a través de Instagram para secundaría, e desafío atrévete coa economía circular!).

Establecerase un máximo por centro de 40 asistentes e un mínimo de 20, e só poderán dispor de dúas visitas aqueles centros que presenten proxectos para primaria (un autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo) e secundaria (outro autobús de 40 asistentes máximo e 20 asistentes mínimo). O desprazamento en autobús será organizado e custeado por Tecnópole.

https://galiciencia.com/edicion-2022/ 

Navega con rumbo

“Navega con rumbo” é un programa encamiñado, por unha banda ao alumnado para guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas como o ciberacoso ou outros riscos da rede, e por outra, para o profesorado e familias, facéndoos partícipes das recomendacións que eles poden aprender de xeito que tamén sexan transmisores para o alumnado.

O CPEIG realizará xornadas divulgativas, destinadas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e familias) dos centros seleccionados.

Organizaranse 240 xornadas, dunha hora de duración, durante o curso escolar 2021-2022. O Colexio elaborará unha Guía de Boas Prácticas en Internet para alumnado, profesorado e familias que estará dispoñible en soporte dixital e que se distribuirá, en formato impreso, nos centros educativos. A iniciativa conta tamén cunha web propia https://www.edu.xunta.gal/navegaconrumbo, onde está dispoñibles todo a información do proxecto.

 

Bolsas para estudar en China

O Ministerio de Educación da República Popular China convoca todos os cursos, entre outras, bolsas para cidadáns españois.

Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada dea República Popular China en España
Tel: 913 883 988
E-mail: embajadachinaeducacion@hotmail.com

http://www.campuschina.org/scholarships/index.html

VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, CPEIG e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convocan o VI Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos. Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO.

O xénero literario será artgo periodístco, exposición divulgatva (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto. Como liñas condutoras destes traballos pódense considerar as seguintes, sen quedar limitadas:
- Que é para ti a protección de datos?
- Como afecta a protección de datos no teu día a día?
- Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete.
- Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
- Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
- Como protexes os teus datos?

Os textos de referencia serán o Protocolo de Protección de Datos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal) e as publicacións da Axencia Española de Protección de Datos www.agpd.es 

Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe. O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro.

Os traballos pódense presentar ata as 15:00 horas do día 28 de febreiro de 2022.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.

https://www.cpeig.gal/sites/default/files/2022-01/VI-Concurso-proteccion-datos-2022.pdf 

Certame de curtametraxes de temática ambiental "O Escaravello verde"

26 Xan 2022
 

Tes entre 18 e 28 anos e gústache gravar co teu cámara ou móbil? Esta é a oportunidade para presentar en televisión o teu talento.

RTVE a través do programa de televisión "O escaravello verde" organiza o primeiro certame de curtametraxes sobre temática ambiental destinado á mocidade. O histórico programa da 2 quere que sexan os novos talentos quen fomente a conciencia ambiental a través das súas creacións.

O concurso está orientado á difusión da creación audiovisual a través das novas tecnoloxías, e co propósito de atopar a través do talento da mocidade creadores audiovisuais novas formas para a concienciación ambiental.

Requisitos dos traballos:
- Os traballos de vídeo ou animación deben de ser creados en formato dixital. Calquera técnica é aceptada mentres o resultado final teña o tamaño HD de 1920 x 1080 pixels e as seguintes características técnicas: formato mp4, aspect cociente 16:9, codec de vídeo H264, codec de audio: AAC, bitrate vídeo 1500 kbps e bitrate audio: 96 kbps.
- Os curtos non poderán ter unha duración superior aos catro minutos (coas cortinillas inicial e final incluídas).
- No caso de que as curtametraxes teñan locución, serán admitidos en calquera das linguas oficiais do Estado, a condición de que figuren con subtítulos en castelán.
- Admitirase ata un máximo de dúas curtametraxes por participante. Os traballos deberán ser orixinais e de tema libre.
- Os traballos deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 1 de abril de 2022.
- Non se admitirán gravacións audiovisuais cuxo contido sexa (directa ou indirectamente) publicitario, de promoción, televenta ou calquera outro tipo de actuación comercial sobre un determinado produto ou marca.

A convocatoria permanecerá aberta ata o 1 de abril de 2022.

Poden participar realizadores de nacionalidade española ou estranxeira con residencia en España. Os autores deben ter unha idade comprendida entre 18 e 28 anos.

Os traballos seleccionados emitiranse nun programa especial co que este programa celebrará o Día Internacional do Medio Ambiente o 3 de xuño de 2022.

https://www.rtve.es/television/20220118/presenta-cortometraje-concurso-escarabajo-verde/2259920.shtml 

Concurso de Fotografía A auga e a vida”

27 Xan 2022
 

O Concello de Argamasilla de Alba (Ciudad Real) convocou o Concurso de Fotografía “A auga e a vida” co obxectivo de crear conciencia sobre a importancia da auga para os seres vivos no planeta, así como resaltar a problemática que conleva o seu uso e xestión.

O tema das fotografías será a auga en calquera dos seus estados. O xurado valorará, non só a calidade técnica e estética dos traballos, senón tamén aquelas fotografías que mellor se axusten aos obxectivos do certame. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografas en branco e negro ou en cor. Cada fotografía será valorada individualmente. As fotografías deberán ser orixinais e inéditas, non sendo premiadas en anteriores concursos.

As fotografías deberán enviarse nun único correo electrónico como documentos adxuntos, ou a través dalgún sistema de transferencia de arquivos (tipo We Transfer ou similar) á seguinte dirección: concursofoto@argamasilladealba.es Enviaranse en formato JPG, e deberán ter unha calidade mínima de 300 ppp e un peso máximo de 6 Mb, debendo medir un mínimo de 18 cm ou 2.126 píxeles polo lado máis curto.

As fotografías presentadas a concurso deben denominarse da seguinte maneira:
Nome_Primeiro apelido_Título_1. jpg
Nome_Primeiro apelido_Título_2. jpg

Así mesmo, achegarase un PDF cos seguintes datos: nome e apelidos; número de DNI, pasaporte ou similar; dirección e teléfono de contacto do autor. A área de Cultura devolverá o correspondente acuse de recibo, sen o cal, o participante non deberá considerar presentado o seu traballo.

Prazo de recepción das fotografías: 6 de marzo de 2022.

Coas obras gañadoras e as seleccionadas realizarase unha exposición na Casa de Medrano, que será inaugurada o día 19 de marzo de 2022, data en 

Poderán participar no concurso todos os fotógrafos, profesionais ou afeccionados, que o desexen, tanto de España, como de calquera outro país.

Premios
Primeiro premio: 300 € e diploma.
Segundo premio: 200 € e diploma.
Terceiro premio: 100 € e diploma.

https://www.argamasilladealba.es/actualidad/detalle-actividades/noticia/concurso-de-fotografia-el-agua-y-la-vida

IV Premio Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico

A Universidade da Coruña por medio da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, e en colaboración co Círculo Escéptico, convocan a cuarta edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamento Crítico en Educación Secundaria, Bacharelato e FP coa finalidade de promover o pensamento crítico e a cultura científica.

O concurso ten como obxectivo fomentar a práctica do escepticismo, entendido como o pensamento crítico e racional como ferramenta indispensable para a comprensión do mundo e a toma de decisións na vida diaria, especialmente entre a mocidade.

O xénero literario será o artigo xornalístico, a exposición divulgativa dun experimento desenvolvido polo alumnado, o conto ou o relato curto. Os traballos integrarán os valores do pensamento escéptico e científico, a difusión do coñecemento, a perspectiva de xénero, a ciencia e os seus métodos e a refutación das pseudociencias, a loita contra a difusión de enganos e noticias falsas, así como a loita contra as diferentes violencias que se perpetúan a través de bulos que atentan contra a dignidade das mulleres, colectivos LGTBI+ ou inmigrantes, entre outros.

As persoas participantes deberán entregar traballos individuais totalmente inéditos. Os textos poderán estar escritos en galego ou castelán. Cada autor ou autora poderá presentar un máximo de dúas obras.

O prazo de presentación das solicitudes acompañadas dos traballos estará aberto ata o día 20 de abril de 2022 ás 14:00 h.

Poderá participar o alumnado escolarizado en centros educativos españois entre 1º de ESO e 2º de bacharelato.

Establécense dúas categorías de participación:
- Categoría A, para o alumnado de 1º a 3º de ESO e FP básica.
- Categoría B, para o alumnado de 4º de ESO a 2º de bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio.

Haberá tres premios por cada modalidade:
- Primeiro premio: 300 euros e unha colección de libros.
- Segundo premio: 200 euros e unha colección de libros.
- Terceiro premio: 100 euros e unha colección de libros.

https://www.udc.es/es/novas/IV-Edicion-Premios-Isabel-Zendal/ 

Desafío científico de Galiciencia

Galiciencia convoca o desafío científico Atrévete coa Economía Circular!, dirixido ao alumnado de 4º de Primaria a 2º de Bacharelato de toda Galicia. Poderán participar pequenos grupos cun máximo de tres integrantes de entre 10 e 18 anos, aínda que tamén se pode realizar de xeito individual.

O desafío constará de dúas fases:

1ª Fase non presencial:
Constará de tres retos a realizar a distancia que se remitirán a través da sección da web correspondente a cada un dos retos (sempre dentro do sitio atrevetecoaeconomiacircular.galiciencia.com). Para poder superar esta primeira fase, é preciso que participedes na totalidade de retos. Non son excluíntes entre eles (non hai eliminados nin puntuacións para superalos), pero si é requisito indispensable participar nos tres retos iniciais dentro dos prazos marcados para cada reto. Consultar bases de participación.

2ª Fase presencial:
Constará dun reto final que terá lugar o xoves 12 de maio de 11:00h a 12:00h (a concretar) durante a celebración de Galiciencia, e na que participarán o tres grupos mellor valorados de cada categoría na anterior fase.

Os estudantes participarán en grupos de máximo tres alumnos/as por grupo, non tendo opción a participar de forma individual.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste desafío deberán cubrir o formulario previo a resolver o primeiro reto cos seus datos de contacto (especificados nas bases de participación). A resolución do reto 1 dentro do prazo establecido (ata ao 18 de febreiro do 2022), fai efectiva a inscrición no desafío.

Premio
Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.
Os grupos gañadores do reto final recibirán un diploma e un premio.

https://atrevete.galiciencia.com/bases-de-participacion/

 

INFORMACIÓN CORRESPONDENTES 4. DECEMBRO 21

 
xuventude.xunta.es
  Dende hoxe, o cine “Cinesa Marineda City” pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos á mocid...

INFORMACIÓN CORRESPONDENTES 3. DECEMBRO 21

 
xuventude.xunta.es
Inauguración na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela, 1 de decembro, 12:00 horas Nesta edición de Xuventude Crea 2021, prese...

INFORMACIÓN CORRESPONDENTES 2. NOVEMBRO 21

 
xuventude.xunta.es
Campaña de Quérote+ polo día internacional contra a Violencia de xénero. Violencia de xénero: "Todo acto violento b...

INFORMACIÓN CORRESPONDENTES 1. NOVEMBRO 21

 
xuventude.xunta.es
Unha vez resolta a adxudicación de prazas e bolsas de acordo co previsto na devandita orde, e esgotadas as correspondentes listas de agarda, re...

OUTONO XOVE 2021

Actividades de fin de semana en albergues xuvenís, para a mocidade de 14 a 30 anos. A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xov...

ENCONTRO DA XUVENTUDE CREATIVA E EMPRENDEDORA

 


22 e 23 de outubro de 2021, Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela
A Consellería de Política

INFORMACIÓN CORRESPONDENTES Nº24. Xuño 2021

 
xuventude.xunta.es
"A loita contra a violencia na infancia é un imperativo de dereitos humanos. Para promover os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes consagra...
 
xuventude.xunta.es
A Federación Autismo Galicia publica a GUÍA CoidamosTEA que xorde a raíz do Proxecto Coidamos-TEA que tivo por obxectivo traballa...


Estudos

 

 
xuventude.xunta.es
A Consellería de Educación actualiza a oferta educativa dos ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao super...
 
xuventude.xunta.es
Prazos do proceso de admisión na FP - FP DualPresentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao...

Cursos

 

 
xuventude.xunta.es
A oficina de seguridade do internauta organizxa organuiza os días 9 e 16 de xuño os seguintes webinars en liña gratuítos q...
 
xuventude.xunta.es
A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca 14.000 axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa, destinadas...