Skip to Content

Un Sofia máis solidario en Nadal

 

    Durante estas dúas últimas semanas, estamos a desenvolver no centro diversas actividades para recadar fondos que serán doados a entidades sen ánimo de lucro, como a Cociña económica, que axudan a familias con necesidades.

   Como estes anos atrás, podedes atopar na entrada do centro un lugar habilitado no cal deixar os vosos víveres ou útiles de aseo para a recollida solidadia que organiza a AMPA.

   Ao lado, na mesa que está xunto ás fiestras de administración, os departamentos de Economía e Xeografía e Historia teñen exposto o seu mercado solidario. Este mercado solidario está formado polos obxectos que doaron os alumnos e alumnas do instituto.

 


page | by Dr. Radut